CRÓNICA AMISTOSO | Serio triunfo na penúltima proba (8-2)

CRÓNICA AMISTOSO | Serio triunfo na penúltima proba (8-2)

10 de setembro de 2023


O Deportivo Liceo pecha a súa participación no Torneo Internacional Famalicão cun contundente triunfo ante o Saint-Omer.

De menos a máis no Torneo Internacional Famalicão até acadar un triunfo realmente contundente. O Saint-Omer foi víctima dun completo partido por parte do Deportivo Liceo de Juan Copa, que pechou a súa segunda estadía en Portugal cunha derrota e dúas vitorias.

Só resta agora un amigable. Será o próximo domingo 17 en Riazor ante o recentemente ascendido Hockey Rivas, un dos rivais deste ano na OK Liga (horario por confirmar). A seguinte semana será a do inicio oficial da tempada: semifinal da Supercopa de España ante o Reus (sábado 23, 16:00h, Pavelló Olímpic de Reus).

Ambición e reacción

Coa ambición que seguramente demostrará ó longo do curso, o Liceo saíu ó ataque desde o asubío inicial. Esa actitude deixou premio. Sito Ricart, ós cinco minutos de xogo, avanzou polo lado esquerdo e bateu cun disparo cruzado ó porteiro exliceísta Martín Garaboa (1-0).

Sito Ricart abriu o marcador tras superar ó exliceísta Martín

Os verdibrancos ofreceron máis perigo que o conxunto francés. Tampouco lles amedrentou o empate que logrou Guido Pellizzari no minuto 11. No 16 e no 17, Pablo Cancela e Fran Torres (este no día do seu aniversario) responderon co 3-1 que chegaría ó descanso.

Gran rendemento ofensivo

O nivel da segunda metade foi aínda maior e o marcador foi mostra. Tampouco afectou anímicamente o 3-2 anotado por Mantiñán. A partir dese momento, os homes de Copa lanzaron un vendaval de efectividade.

A décima falta francesa significou un gol de falta directa de Pablo Cancela (4-2, minuto 32). Outro máis no Torneo. O Liceo tamén aproveitou un power play posterior froito da tarxeta azul a Pablo del Río, xa que Tomba anotou o seu segundo particular. El mesmo completou un hat trick no seu aniversario. Veu dunha falta directa produto doutra azul francesa (6-2).

Faltaba por sumarse á festa o canón de Tomás Pereira. El foi o autor das dúas últimas dianas, ambas con definicións máis que potentes. Un serio 8-2 antes de regresar a Galicia.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Sito Ricart, Tomás Pereira, Fabri Ciocale, Fran Torres (quinteto inicial), César Carballeira, Dava Torres, Pablo Cancela e Tiago Rodrigues (meta suplente).

SAINT-OMER: Martín Garaboa; Jacobo Mantiñán, Guido Pellizzari, Thibault Colin, Fede Balmaceda (quinteto inicial), Pablo del Río, Marçal Cuenca, Roc Llisa, Fabien Barengo e Pedro Chambell (meta suplente).

GOLES: 1-0 (Sito Ricart, min. 5). 1-1 (Guido Pellizzari, de penalti, min. 11). 2-1 (Pablo Cancela, min. 16). 3-1 (Fran Torres, min. 17). 3-2 (Jacobo Mantiñán, min. 29). 4-2 (Pablo Cancela, min. 32). 5-2 (Fran Torres, min. 35). 6-2 (Fran Torres, min. 36). 7-2 (Tomás Pereira, min. 38). 8-2 (Tomás Pereira, min. 49).

Pretempada 2023. Torneo Internacional de Famalicão, terceiro partido. Parque das Tílias de Riba de Ave (Portugal).

Deixa un comentario