CRÓNICA | O Liceo cae nun igualado duelo (7-6)

CRÓNICA | O Liceo cae nun igualado duelo (7-6)

O derradeiro ensaio da pretempada foi digno do resto. Máximo nivel ata a fin, esta vez co Benfica como contendente nun duelo homenaxe a Valter Neves (histórico xogador da entidade). Trece goles despois, o triunfo caeu do lado portugués.

O Deportivo Liceo de Juan Copa plantoulle cara ó seu rival desde o principio e ata a clausura. Foi o autor do primeiro gol, obra dun máis que recuperado Maxi Oruste que enviou a bóla á rede de Henriques. Ocorreu ó empezar a acción e foi o inicio do vendaval de acerto de ambos equipos. O marcador do descanso amosou un 2-3 favorable ó conxunto de A Coruña, con dúas dianas de Roberto Di Benedetto.

Un intercambio de golpes que non se detivo na reanudación, cando Pol Manrubia empatou o encontro. Jordi Adroher colocou o 3-4 e Nicolía equilibrouno. Tras unha etapa de pequena sequía, Jordi Burgaya apareceu cun dobrete en dous minutos para establecer o 4-6. Foi cando resurxiu de novo o gran potencial ofensivo do Benfica, capaz de remontar nos oito minutos restantes (7-6).

Unha vez finalizada esta etapa de probas, é hora do lume real. A tempada oficial comezará o vindeiro sábado coa semifinal da Supercopa de España (Caldes, 18:50h).

FICHA TÉCNICA

BENFICA: Pedro Henriques; Edu Lamas, Diogo Rafael, Pablo Álvarez, Carlos Nicolía (quinteto inicial), Lucas Ordóñez, Daniel Oliveira, Sergi Aragonès, Gonçalo Pinto, Pol Manrubia e Rodrigo Vieira.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Roberto Di Benedetto, Maxi Oruste, Jordi Adroher (quinteto inicial), Marc Grau, Nanu Castro, Àlex Rodríguez, Jordi Burgaya, Fran Torres e Martín Garaboa.

GOLES: 0-1 (Maxi Oruste, min. 1). 1-1 (Carlos Nicolía, penalti, min. 6). 1-2 (Roberto Di Benedetto, min. 9). 2-2 (Diogo Rafael, min. 12). 2-3 (Roberto Di Benedetto, penalti, min. 16). 3-3 (Pol Manrubia, min. 28). 3-4 (Jordi Adroher, min. 31). 4-4 (Carlos Nicolía, min. 32). 4-5 (Jordi Burgaya, min. 36). 4-6 (Jordi Burgaya, min. 37). 5-6 (Sergi Aragonès, min. 41). 6-6 (Sergi Aragonès, min. 42). 7-6 (Carlos Nicolía, min. 47).

Pavilhão Fidelidade (Lisboa). Partido homenaxe a Valter Neves.

Deixa un comentario