CRÓNICA OK LIGA (X5) | Dura derrota en Mataró (5-3)

CRÓNICA OK LIGA (X5) | Dura derrota en Mataró (5-3)

28 de outubro de 2023


O Deportivo Liceo cae no Jaume Parera tras non aproveitar unha diferenza favorable de dous goles.

As malas novas continúan chamando á porta do Deportivo Liceo, que regresará á Coruña con outra derrota a domicilio baixo o brazo. É a terceira nos seus tres partidos fóra de Riazor, esta vez ante un Mataró que logrou remontar un 0-2 do equipo verdibranco.

Duro revés para o Liceo, que o vindeiro sábado 4 ás 18:00h volverá a patinar no Pazo dos Deportes de Riazor. O seu rival será o Caldes.

Un bo preludio

Non tivo nada que ver o desenlace do encontro co seu principio. A primeira metade foi moi positiva para un Liceo necesitado de triunfos e demostrou esa ambición: colocouse 0-2 nos 20 minutos iniciais. Primeiro anotou Dava Torres e logo Tomás Pereira, ambos tantos con certo suspense.

O Deportivo Liceo chegou ó descanso cun marcador favorable de 0-2

Tamén estivo efectivo en defensa ante os intentos do Mataró de Joan Carles Vadillo, que comezaba a xornada na última posición da OK Liga. O descanso chegou coa mencionada vantaxe do conxunto de Juan Copa, aínda que os últimos 25 ofrecerían unha fortuna moi diferente.

Mala segunda metade

Os problemas comezaron cando eses achegamentos dos locais si atoparon premio. Ós seis minutos do regreso, Lluc Vilà acortou distancias co 1-2 ó batir a Tiago Rodrigues. Deu paso a un guion algo máis igualado, aínda que o Deportivo Liceo non foi quen de divisar o camiño hacia a sentenza.

Un acto final realmente accidentado terminou coa remontada local

Nun penúltimo minuto fatídico, o propio Vilà e Abel Moya remontaron para o Mataró de xeito prácticamente consecutivo. O raio de esperanza para a reacción apareceu ante o Liceo cunha azul a Burguillos e unha directa que transformou Cancela, aínda que os cataláns regresaron inmediatamente ó triunfo cun penalti.

Lanzou Lladó, parou Tiago e o rexeite acabou dentro. Para rematar, co Liceo atacando con cinco de pista, Moya anotou o 5-3 final a porta baleira.

FICHA TÉCNICA

MATARÓ: Sergi Grané; Xavi Burguillos, Oriol Lladó, Marc Ollé, Jordi Pérez (quinteto inicial), Gerard Cusachs, Abel Moya, Guillem Carbonell, Lluc Vilà e Gerard Garro (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Tiago Rodrigues; Sito Ricart, César Carballeira, Dava Torres, Pablo Cancela (quinteto inicial), Fabri Ciocale, Fran Torres, Tomás Pereira e Martí Serra (meta suplente).

ÁRBITROS: Loïc Le Menn e Daniel Pico. Mostraron cartón azul ó local Xavi Burguillos.

GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 6). 0-2 (Tomás Pereira, min. 19). 1-2 (Lluc Vilà, min. 31). 2-2 (Abel Moya, min. 48). 3-2 (Lluc Vilà, min. 49). 3-3 (Pablo Cancela, min. 49). 4-3 (Oriol Lladó, min. 50). 5-3 (Abel Moya, min. 50).

OK Liga 23/24. Xornada 5 da Fase Regular. Pavelló Municipal Jaume Parera i León (Mataró).

Deixa un comentario