CRÓNICA | Imparables (2-4)

CRÓNICA | Imparables (2-4)

Imaxe: Alba Tarrés.

Oito de oito en vitorias e 24 de 24 en puntos. Non se lle pode pedir máis a un Deportivo Liceo excelente que co triunfo ante o Lloret (2-4) continuou o seu perfecto inicio de OK Liga. Juan Copa e os seus xogadores xa son líderes en solitario da competición nacional tras rematar esta mini-xira por Cataluña con pleno de triunfos.

Aínda que ao comezo o Liceo levou un susto nun man a man que detivo Carles Grau, a primeira parte mostrou un guion claro. Os hoxe branquiazuis adicaron os 25 minutos iniciais a explotar as variadas imprecisións do Lloret, que non estivo moi afortunado en circulación de bóla. Aguantaron os primeiros ataques liceístas con certa solvencia, pero un minuto de ouro desnivelou o partido. Primeiro marcou Dava Torres, o capitán, e segundos despois Adroher abandonou o banco únicamente para colocar o 0-2 de falta directa. A definición, como é habitual, de auténtico xenio. O 0-3 foi de Marc Grau.

Catro minutos despois do tanto do menor dos Grau, Franco Platero fabricou un misil lonxano que Muñoz non puido aturar. 0-4 no marcador ós 18 minutos de partido, que puideron ser cinco se un penalti de Dava non pegara no longueiro. Superado física e técnicamente, o Lloret sacou coraxe ante o seu rival. Serviulle para que Moi Aguirre anotara o 1-4 a minuto e medio do entreacto.

Embestida final do Lloret

O segundo acto nivelou máis as forzas. O equipo de Xavi Albet achegouse varias veces a Carles, pero o meta menos goleado da OK Liga fixo gala da condición. O catalán non puido deter, sen embargo, a segunda diana do CH Lloret a falta de oito minutos para o final do partido. Foi obra de Marc González, un dos máximos realizadores dos locais durante a tempada. Pouco máis tivo que afrontar o equipo de Juan Copa, que marchou do Pavelló Municipal de Lloret de Mar coa semana perfecta baixo o brazo.

Se as circunstancias sanitarias o permiten, o Deportivo Liceo tratará de ampliar o seu inmellorable inicio de competición na pista dun rival realmente complicado: o Noia. Salvo incidentes, será o fin de semana do 28 de novembro.

FICHA TÉCNICA

CH LLORET: Andreu Muñoz, Adrià Farré, Marc González, Moi Aguirre, Marc Gómez (cinco inicial), Max Thiel, Xavi Barranco e Joel Noguero.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, César Carballeira, Franco Platero, Dava Torres, Jordi Adroher (cinco inicial), Marc Grau, Maxi Oruste e Nanu Castro.

GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 12). 0-2 (Jordi Adroher, min. 13). 0-3 (Marc Grau, min. 14). 0-4 (Franco Platero, min. 18). 1-4 (Moi Aguirre, min. 23). 2-4 (Marc González, min. 42).

ÁRBITROS: Galán García e Calonge Barrio. Mostraron cartón azul ó local Moi Aguirre.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 7 (atrasada) da OK Liga 20/21. O partido foi suspendido no seu día debido a varios positivos no conxunto do Lloret. Pavelló Municipal de Lloret de Mar, sen espectadores.

Deixa un comentario