CRÓNICA OK LIGA (X7) | Demostración de acerto e resistencia (1-6)

CRÓNICA OK LIGA (X7) | Demostración de acerto e resistencia (1-6)

12 de novembro de 2023


O Deportivo Liceo logra en Lleida o seu primeiro triunfo como visitante tras unha segunda parte letal.

Nunca é tarde cando a dita é boa. O Deportivo Liceo de Juan Copa, todavía baixo mínimos debido ós problemas físicos, aterrizou en Lleida e levou os tres puntos do Onze de Setembre cun exemplo de supervivencia. Tamén de don da oportunidade.

Todo combinado para sumar un total de doce puntos e encaramarse á zona alta da OK Liga, cuxa oitava xornada levará ó Girona a Riazor (sábado 18, 18:00h).

Primeira parte de tanteo e de porteiros

Enfrontáronse dous equipos marcados polo físico. Un, o Lleida, pola súa carga recente de partidos. Outro, o liceísta, pola falta de efectivos. A súa convocatoria de oito xogadores, polas lesións de Fran Torres e Bruno Saavedra, só permitía dous cambios de homes de pista (Guido Pellizzari non poderá xogar ata o inverno). Todo derivou nunha acción igualada na que os porteiros se mantiveron acertados.

O descanso chegou sen goles no marcador dentro dun partido ó que o Liceo aterrizou con só oito xogadores

Martí Serra foi, directamente, clave. O porteiro do Deportivo Liceo e ex do propio conxunto catalán afrontaba a súa segunda titularidade consecutiva e luciuse detendo unha falta directa a Sergi Folguera (minuto 16). Ocorreu froito dun cartón azul a Pablo Cancela. Posteriormente, o equipo de Copa superou o power play e o partido dirixiuse ó descanso sen goles no seu marcador.

Todo ocorreu ó final

O bo quedara gardado para a parte final. Un triunfo cociñado a lume lento e que só empezou a fraguarse a apenas 10 minutos da conclusión. Foi aí cando César Carballeira, tras varios intentos de remate detidos por Zapater, por fin logrou anotar o 0-1 que o rompería todo.

O 0-1 de César no minuto 39 daría paso a cinco goles liceístas máis

Esa diana quitou o tapón. Tres minutos despois, Dava Torres sacou unha gran xogada individual para marcar o 0-2. Entón o Liceo necesitou acerto, pero tocou sacar a supervivencia. Un gol de directa do local Nico Ojeda só levou a un inmediato 1-3 por parte de Sito Ricart, atento para culminar unha boa xogada colectiva.

Pablo Cancela e César en dúas ocasións (completando o hat trick) pecharon definitivamente un triunfo de enorme mérito.

FICHA TÉCNICA

LLEIDA: Martí Zapater; Nuno Paiva, Xavi Aragonès, Nico Ojeda, Sergi Folguera (quinteto inicial), Julián Martínez, Sebas Moncusí, Sergi Duch, Jordi Badia e Javi Sánchez (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Sito Ricart, César Carballeira, Dava Torres, Fabri Ciocale (quinteto inicial), Tomás Pereira, Pablo Cancela e Tiago Rodrigues (meta suplente).

ÁRBITROS: Raúl Burgos Manotas e Oriol Garriga Mas. Mostraron cartón azul ós liceístas Pablo Cancela e Dava Torres. Por parte do Lleida viuna Sergi Folguera.

GOLES: 0-1 (César Carballeira, min. 39). 0-2 (Dava Torres, min. 42). 1-2 (Nico Ojeda, min. 45). 1-3 (Sito Ricart, min. 45). 1-4 (Pablo Cancela, min. 47). 1-5 (César Carballeira, min. 50). 1-6 (César Carballeira, min. 50).

OK Liga 23/24. Xornada 7 da Fase Regular. Pavelló Municipal Onze de Setembre (Lleida).

Deixa un comentario