As dúas primeiras xornadas do Deportivo Liceo na nova OK Liga deixan un balance de catro puntos sobre seis posibles. Iso di o seu empate na pista do sempre complicado Lleida, correspondente a unha primeira xornada no seu día adiada.
Juan Copa e os seus xogadores enfrontáronse a un gran rival e notouse desde o principio. Deberon neutralizar varias xogadas de perigo durante os compases iniciais, protagonizadas sobre todo polo exliceísta Bruno Di Benedetto, pero Carles Grau non foi superado durante a primeira metade. Non foi o caso de Martí Serra. O gol do 0-1 anotouno César Carballeira ós cinco minutos, despois de aproveitar unha boa asistencia de Roberto Di Benedetto.
Os locais apretaron, aínda que o gardarredes verdibranco e os ferros da súa portería detiveron toda clase de oportunidades. A máis importante ocorreu nunha falta directa de Selva, ben aguantada por Grau.
Intercambio de golpes
Máis produtivo en canto a goles foi o segundo acto. Non decepcionou nin sequera no inicio, pero para desgraza liceísta fíxoo na súa contra. Jordi Badía empatou o encontro no minuto 27 ó culminar un contraataque, e no 36 remontou o mencionado Bruno Di Benedetto. O electrónico marcou así un 2-1 parcial.
Pouco duraría, xa que o seu irmán Roberto equilibrou de novo o choque cunha xogada intelixente. Os colexiados sinalaron infracción preto da meta de Serra e, mentres o Lleida preparaba o que interpretou como un bullying, os liceístas reiniciaron a acción para marcar case a porta baleira. Boas noticias ata que Badía, novamente, adiantou ós homes de Albert Folguera (minuto 45).
Jordi Adroher, a falta de menos de 120 segundos, contou cunha falta directa para empatar. Serra impediuno. Non puido facer o mesmo durante a inferioridade numérica que os seus compañeiros deberon acusar xa no resto do partido. Àlex Rodríguez, cun potente disparo, aproveitouna e logrou o 3-3 definitivo a falta de 50 segundos.
A expedición do Liceo continuará en Cataluña tralo choque, xa que en apenas 48 horas deberá disputar o seu terceiro partido da OK Liga. Será ante o Calafell (sábado 2, 19:30h).
FICHA TÉCNICA
LLEIDA: Martí Serra, Bruno Di Benedetto, Oriol Vives, Joan Cañellas, Andreu Tomàs (quinteto inicial), Sergi Duch, Josep Selva, Jordi Badía e Sergi Folguera.
DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, César Carballeira, Jordi Adroher, Àlex Rodríguez, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau e Jordi Burgaya.
ÁRBITROS: Ribó Navarro e Nicolás Abellán. Ensinaron cartón azul a Oriol Vives (Lleida) e a Marc Grau (Deportivo Liceo).
GOLES: 0-1 (César Carballeira, min. 5). 1-1 (Jordi Badía, min. 27). 2-1 (Bruno Di Benedetto, min. 36). 2-2 (Roberto Di Benedetto, min. 38). 3-2 (Jordi Badía, min 45). 3-3 (Àlex Rodríguez, min. 50).
Jornada 1 (adiada) da OK Liga 21/22. Pavelló Poliesportiu de Bell-lloc (Lleida). 200 espectadores.