A excelente segunda volta do Deportivo Liceo parece imparable. As xogadoras de Stanis García regresaron doutra paréntese competitiva con tres novos puntos, esta vez colleitados fronte ó Voltregà. Un total de 38 unidades que serven para manter ó conxunto verdibranco na sexta posición da OK Liga Feminina.
Todo tras un partido táctico en Riazor que soubo manexar o Liceo, hábil para repoñerse de todo golpe e aproveitando a maioría das súas oportunidades. Comezou errando unha falta directa, o cal non evitou o 1-0 no minuto 17. Unha por outra. Lucía Yáñez estreábase como anotadora no mellor momento. O Voltregà rozou o empate moi pouco despois, pero a pena máxima de Esther Visós fracasou.
Dúas partes idénticas
Aquel foi un guion calcado ó da segunda metade. Primeiro o 2-0, obra doutra pouco habitual como Ale Martín (gol número dous do curso), e minutos despois outro penalti errado polas catalás (Aina Arxé). A única diferenza estivo en que si conseguiron acurtar distancias mediante Anna Bosch, aínda que o Deportivo Liceo xestionou ben a súa vantaxe.
Continúan as boas novas para o conxunto de Stanis García, que o vindeiro sábado 30 deberá visitar ó PHC Sant Cugat (18:00h).
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Ale Martín, María Sanjurjo, Alba Garrote, Lara Yáñez (quinteto inicial), Naiara Vaamonde, Luchy Paz, Lucía Yáñez, Cris Diz e Mencía Mosquera (meta suplente).
CP VOLTREGÀ: Uxue Otegi; Berta Tarrida, Aina Arxé, Esther Vistós, Paula Ferrón (quinteto inicial), Anna Bosch, Paula Vilamala, Berta Ferran, Mar Franci e Queralt Sala (meta suplente).
ÁRBITRO: Rubén Fernández García. Mostrou cartón azul á visitante Aina Arxé.
GOLES: 1-0 (Lucía Yáñez, min. 17). 2-0 (Ale Martín, min. 30). 2-1 (Anna Bosch, min. 42).
Xornada 22 da OK Liga Feminina 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).