CRÓNICA | Tres puntos a lume lento (3-1)

CRÓNICA | Tres puntos a lume lento (3-1)

A semana de tres partidos comezou con dúas derrotas, pero remata cun triunfo. O Deportivo Liceo de Stanis García sumou de tres contra o Sant Cugat, visitante esta vez do Agra I, para reunir un total de trece puntos e coller aire na clasificación da OK Liga Feminina.

As xogadoras conseguírono a base de paciencia e esforzo. A primeira metade non trouxo goles, pero si un guion intenso e cargado de faltas. Nunha directa estivo a piques de marcar Adriana Soto, a goleadora do equipo, aínda que a meta Candal aguantou ben a definición.

Bóla parada

A arxentina redimiuse ó regresar á pista. Seu foi o tanto de penalti que supuxo o 1-0, un resultado máis acorde á necesidade do equipo. Non foi, sen embargo, a única bóla parada do segundo acto. Viki Caretta, con outra boa actuación, neutralizou dúas directas de Alba Ambròs e Laura Porta.

María Sanjurjo, con dous goles, foi chave para a vitoria

O minuto 44 foi chave. O Sant Cugat logrou nivelar o marcador mediante Laia Paredes, pero inmediatamente despois María Sanjurjo recuperou a vantaxe. O golpe foi un visto e non visto. Ela mesma pechou o partido co 3-1 definitivo.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; María Sanjurjo, Bea Gaete, Alba Garrote, Adriana Soto (quinteto inicial), Ale Martín, Naiara Vaamonde, Luchy Paz e Lucía Yáñez.

SANT CUGAT: Irache Candal; Laura Porta, Txell Gimeno, Alba Ambròs, Dana Antón (quinteto inicial), Aida Antón, Andrea Massons, María Just e Laia Paredes.

ÁRBITRO: Daniel Villar Costa. Mostrou cartón azul á liceísta Adriana Soto.

GOLES: 1-0 (Adriana Soto, de penalti, min. 28). 1-1 (Laia Paredes, min. 44). 2-1 (María Sanjurjo, min. 44). 3-1 (María Sanjurjo, min. 49).

Xornada 10 da OK Liga Feminina 21/22, adiada no seu día por motivos sanitarios. Pavillón Agra I (A Coruña).

Deixa un comentario