CRÓNICA | Derrota tras dez minutos para esquecer (3-1)

CRÓNICA | Derrota tras dez minutos para esquecer (3-1)

Unha remontada en contra privou ó Deportivo Liceo de sumar outra vitoria para a súa gran segunda volta. O Sant Cugat aproveitou o seu feudo e dez minutos decisivos para darlle a volta ó tanto inicial de Adriana Soto e deixar ó conxunto de Stanis García, iso si, nunha situación de todo menos preocupante. A pesar do tropezo continuará na sexta praza cos 38 puntos sumados ata o de agora.

O encontro foi cociñado a lume lento polo Liceo, como habitualmente planea. O mencionado gol da pichichi arxentina chegou no minuto 18 mediante un penalti, segundos antes de que Alba Garrote errara outro. O fallo non impediu que as liceístas controlaran o partido na súa maior parte.

O Sant Cugat logrou darlle a volta ó marcador a un minuto do final

Sen embargo, desde o minuto 40 trocou o guion. Laia Paredes empatou o encontro e, tras uns intres de balanceo, o hockey sorriu ó Sant Cugat. Remontou o partido no 49 grazas a Txell Gimeno e matouno a falta de segundos mediante María Just. Un cruel final.

A OK Liga Feminina vivirá agora un descanso para dar paso á Copa da Raíña, co Deportivo Liceo como participante. Stanis García e as súas xogadoras enfrontaranse ó Vila-sana (xoves 5, 21:00h) antes do regreso da competición regular, que traerá a visita do colista Girona a Riazor.

FICHA TÉCNICA

PHC SANT CUGAT: Irache Candal; Laura Porta, Txell Gimeno, Alba Ambrós, Laia Paredes (quinteto inicial), Aida Antón, Andrea Massons, María Just, Anna Martín e Cris Elié (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Alba Garrote, Lara Yáñez, Adriana Soto, Cris Diz (quinteto inicial), Bea Gaete, Ale Martín, Lucía Yáñez e Mencía Mosquera (meta suplente).

ÁRBITRO: Marc Ortells Álvarez. Sen cartóns.

GOLES: 0-1 (Adriana Soto, de penalti, min. 18). 1-1 (Laia Paredes, min. 41). 2-1 (Txell Gimeno, min. 49). 3-1 (María Just, min. 50).

Xornada 23 da OK Liga Feminina 21/22. Pavelló de Sant Cugat.

Deixa un comentario