CRÓNICA OK LIGA | Autoridade total (5-1)

CRÓNICA OK LIGA | Autoridade total (5-1)

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

A primeira ronda da final é verdibranca. O Deportivo Liceo axenciouse o triunfo inaugural da final pola OK Liga a base de dominar e abrumar ó Reus Deportiu tanto con xogo como con escenario.

Ante un Riazor ateigado de afeccionados, o conxunto coruñés tivo todas as de gañar. O domingo ás 12:00h repetirase pavillón para dilucidar ó gañador do segundo partido.

Gran superioridade

Pouco puido facer o Reus, aínda que non por demérito. Os homes de Juan Copa acapararon a acción desde o primeiro minuto e non a soltaron. Di Benedetto e Adroher avisaron do inevitable e ós sete minutos chegou o gol inicial, obra de César Carballeira despois dun pase de Dava Torres. O xusto segundo o visto na pista. E non parou aí.

César Carballeira anotou dous dos cinco goles liceístas. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Os ataques continuaron e o segundo era cuestión de tempo. Logrouno Maxi Oruste mediante un disparo raso que superou a Zapater ós 16 minutos. Abrumado, o Reus probaba tímidamente a un Carles Grau moi seguro. Antes do descanso foi unha realidade o 3-0, responsabilidade de Di Benedetto ó executar unha xogada individual de pura autoridade física.

Boa defensa da vantaxe

Con máis tranquilidade, pero á vez sen excesiva confianza, o Deportivo Liceo mantivo o seu dominio do guion mentres o Reus caía na desesperación. Chegou a ela nunha xogada que rematou con azuis para Compagno e Gelmà, este último por protestar. Resultou nun penalti transformado por César (4-0) para aumentar aínda máis a distancia.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Tres minutos despois, un disparo de Àlex Rodríguez redondeou o 5-0. Os pupilos de Jordi Garcia acurtaron distancias cun penalti de Julià, aínda que sen máis éxito. A defensa e Carles Grau, con dous paradóns a Salvat e Marín, encargouse.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Jordi Adroher, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau, Àlex Rodríguez, Jordi Burgaya e Martín Garaboa (meta suplente).

REUS: Martí Zapater; Checo Compagno, Marc Julià, Sergi Aragonès, Diego Rojas (quinteto inicial), Ferran Giménez, Joan Salvat, Raúl Marín, David Gelmà e Càndid Ballart (meta suplente).

ÁRBITROS: Sergi Mayor Oliván e David Cantos Bonales. Amosaron cartón azul ó local Jordi Burgaya. Polos visitantes víronna Checo Compagno e David Gelmà.

GOLES: 1-0 (César Carballeira, min. 7). 2-0 (Maxi Oruste, min. 16). 3-0 (Roberto Di Benedetto, min. 22). 4-0 (César Carballeira, de penalti, min. 30). 5-0 (Àlex Rodríguez, min. 33). 5-1 (Marc Julià, min. 35).

OK Liga 21/22, Playoff polo título, Partido 1 das Finais. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario