CRÓNICA | Derrota ante o Palau (3-4)

CRÓNICA | Derrota ante o Palau (3-4)

O Liceo non puido dar a sorpresa, pero loitou ata o final e estivo a piques de lograla. Unha gran imaxe do equipo de Stanis García (redebutante) contra un xigante como o Palau, que venceu en Riazor grazas á súa puntería.

O duelo foi igualado a máis non poder. As liceístas plantaron cara a todo un campión, que sufriu para facer dano na portería dunha acertada Viki Caretta. O seu catálogo de intervencións e o traballo das catro de pista puxeron contra as cordas ó Palau nos primeiros 25.

Laura Vicente debeu deter dúas directas de Alba Garrote e María Sanjurjo mentres as súas compañeiras procuraban atravesar o muro verdibranco. Lamentablemente conseguirían anotar no minuto 16 grazas a Aina Florenza despois de cazar unha bóla morta na área.

Diferencia de acerto

No segundo acto apareceu a boa puntería do Palau. Tardou dous minutos en aumentar distancias por mediación de Laura Puigdueta, pero Adriana Soto reestableceu a vantaxe a un gol. O golpe animou ó Liceo, que rozou o empate en dúas claras ocasións: un penalti errado de María Sanjurjo e un man a man de Alba.

Berta Busquets golpeou duramente ás locais tralo seu 1-3, continuado polo 1-4 de Fontdegloria. María Sanjurjo anotou o 2-4 a falta de dous minutos e Bea Gaete ofreceu esperanzas a Riazor con outro gol, pero non foi suficiente. A derrota resultou máis que digna.

O Deportivo Liceo queda así na zona cómoda da táboa cos seus catro puntos actuais. Procurará regresar á senda da vitoria na súa visita a Las Rozas (mércores 8, 17:00h). O día 11 irá á pista do Mataró.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Bea Gaete, María Sanjurjo, Alba Garrote, Adriana Soto (quinteto inicial), Ale Martín, Luchy Paz, Lucía Yáñez y Cris Diz.

HC PALAU: Laura Vicente; Berta Busquets, Laura Puigdueta, Aina Florenza, Mariona Colomer (quinteto inicial), Carla Fontdegloria, Gisela Vicente, Aimee Blackman y Laia Juan.

ÁRBITRO: Pablo Nicieza Elosegui. Sin tarjetas.

GOLES: 0-1 (Aina Florenza, min. 16). 0-2 (Laura Puigdueta, min. 27). 1-2 (Adriana Soto, min. 30). 1-3 (Berta Busquets, min. 38). 1-4 (Carla Fontdegloria, min. 42). 2-4 (María Sanjurjo, min. 48). 3-4 (Bea Gaete, min. 49).

Jornada 5 de la OK Liga Femenina 21/22. Palacio de los Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario