O toma e daca vivido no Pazo dos Deportes rematou con puntos para todas. Deportivo Liceo (sexto, 32 puntos) e Mataró empataron nunha nova data da OK Liga Feminina despois dun partido disputado con opcións de vitoria para ambos grupos.
Quen máis forte presentou a súa candidatura, polo menos inicialmente, foi o de Stanis García. Adiantouse ós dous minutos mediante Alba Garrote e incluso dobrou a vantaxe grazas a María Sanjurjo, pero o Mataró (inmerso na zona baixa) reaccionou ben. Non só empatou, senón que remontou e logrou irse ó descanso con 2-3. Ese terceiro gol ocorreu a segundos de que se decretara.
Ida e volta
De todas formas, ese golpe duro non matou ás locais. María Sanjurjo asinou o seu dobrete no minuto 30 e devolveu o equilibrio a un marcador que podía caer para calquera.
O Deportivo Liceo rescatou un punto a falta dun minuto para o final
Olga Juanola desnivelouno a favor das catalanas, aínda que todavía quedaba tempo. Adriana Soto, máxima goleadora do equipo, foi a que colocou o 4-4 definitivo con pouco máis de 60 segundos restantes. A loita ata o final non se negocia.
A vindeira proba da OK Liga Feminina consistirá en visitar ó Vilanova (domingo 10, 13:00h).
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; María Sanjurjo, Alba Garrote, Lara Yáñez, Adriana Soto (quinteto inicial), Ale Martín, Lucía Yáñez, Cris Diz e Mencía Mosquera.
MATARÓ: Ariadna Escalas; Gal-la Solé, Nina Almirall, Olga Juanola, Aina Lleonart (quinteto inicial), Ester Anglas, Ariadna Martínez, Martina Juncà, Jasmin Schuler e Paula Lladó.
ÁRBITRO: Francisco José Martínez Suárez. Sen cartóns.
GOLES: 1-0 (Alba Garrote, min. 2). 2-0 (María Sanjurjo, min. 7). 2-1 (Aina Lleonart, min. 9). 2-2 (Ariadna Martínez, min. 12). 2-3 (Olga Juanola, min. 25). 3-3 (María Sanjurjo, min. 30). 3-4 (Olga Juanola, min. 38). 4-4 (Adriana Soto, min. 49).
Xornada 20 da OK Liga Feminina 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).