CRÓNICA | Triunfo ó ritmo do capitán (9-3)

CRÓNICA | Triunfo ó ritmo do capitán (9-3)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Novo ano e mesmo obxectivo. De momento, con triunfos merecidos e loitados. O Deportivo Liceo estreou o 2022 da OK Liga e do Pazo cunha contundente vitoria ante o Manlleu, rival que deu guerra ata a fin. Tres puntos verdibrancos de novo co nome propio de Dava Torres e para sumar un total de 32. Útiles para continuar no segundo posto e no camiño hacia o primeiro.

O capitán liceísta acaparou o protagonismo goleador xa desde o principio. Tardou tres minutos en anotar o 1-0 e oficializar a superioridade dos de Juan Copa. Uniuse a el Àlex Rodríguez (2-0) cun disparo lonxano rápidamente respondido por Dídac Alonso, que enviou á rede outro golazo. Pasara un cuarto de hora.

Pouco antes do descanso, Carles Grau detivo o hipotético 2-2 a Biel Pujadas nun lanzamento de penalti. Un pequeno susto que non manchaba a balanza de merecementos.

Nanu Castro, do OK Prata, anotou o oitavo dos nove goles. Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Tapón fóra

Se a primeira metade mostrou tres goles, a segunda foi un catálogo deles. Marc Pujadas e o mencionado Dava respondéronse mutuamente outra vez para colocar o 3-2 e, pouco despois, o número 8 verdibranco marcou o seu hat trick.

O Manlleu rozou outro achegamento, pero Carles evitouno de novo cun segundo penalti neutralizado. Esta vez tocoulle sufrir a Borregán, un dos homes gol dos visitantes. Jordi Burgaya chegou á festa, Dava sumou dúas dianas máis e, aínda que Biel Humà acurtou distancias, foi un espellismo. 7-3 parcial. A vitoria do Liceo foi unha realidade despois do 9-3 definitivo, coa guinda dun ilusionante Nanu Castro e do propio Burgaya.

Juan Copa e os seus pensan xa na visita do Lleida, que chegará a Riazor o vindeiro sábado 15.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Jordi Burgaya, Nanu Castro e Fran Torres.

MANLLEU: Xevi Arcas; David Navarro, Biel Pujadas, Aleix Borregán, Dídac Alonso (quinteto inicial), Marc Pujadas, Sebas Moncusí, Biel Humà e Oriol Codony.

ÁRBITROS: Fernández García e Morandeira Sánchez. Amosou cartón azul ó visitante Marc Pujadas.

GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 3). 2-0 (Àlex Rodríguez, min. 14). 2-1 (Dídac Alonso, min. 14). 2-2 (Marc Pujadas, min. 28). 3-2 (Dava Torres, min. 28). 4-2 (Dava Torres, min. 30). 5-2 (Jordi Burgaya, min. 37). 6-2 (Dava Torres, min. 39). 6-3 (Biel Humà, min. 43). 7-3 (Dava Torres, min. 45). 8-3 (Nanu Castro, min. 46). 9-3 (Jordi Burgaya, min. 47).

Xornada 13 da OK Liga 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario