Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
Novo triunfo para o Deportivo Liceo de Juan Copa, poseedor de 53 puntos tras sumar outros tres fronte ó Caldes. O Pazo dos Deportes de Riazor foi o escenario do regreso dos liceístas á senda da vitoria, útil para manterse firmes no segundo posto da OK Liga.
Non careceu de efectividade a xente de verde e branco, que se adiantou no marcador ós dous minutos. Dava Torres, capitán, transformou en gol unha gran acción individual de Roberto Di Benedetto. O preludio da superioridade xeral do equipo durante o partido, aínda que o rival tamén deu guerra.
O Caldes de Eduard Candami empatou no sexto minuto mediante Álvaro Giménez, tres antes de que o mencionado Di Benedetto recuperara a vantaxe liceísta (2-1). O conxunto de Juan Copa estivo a piques de chegar ó descanso con máis marxe, pero errou a directa froito dunha azul ó goleador Giménez.
Un guion traballado
A pesar da superioridade xeral, tocou unha parte de sufrimento. Non foi así ó regresar á pista, momento no que César Carballeira mandou unha bala directa á portería de Camps. O 3-1 foi un golazo de categoría.
César Carballeira anotou o 3-1 cun gran lanzamento desde pista propia
Foi cando a calidade Carles Grau apareceu. O Caldes, con oportunidades contadas, case sempre atopou ó meta catalán. Cando logrou superalo xa era demasiado tarde. O tanto de Álvaro Giménez no minuto 46 non foi suficiente para rescatar uns puntos propiedade de Juan Copa e os seus xogadores.
O seu vindeiro compromiso será en Palafrugell, pista na que tratará de continuar esta racha positiva (sábado 26, 20:00h). Restarán ese partido e tres máis de fase regular.
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Jordi Burgaya, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau, Nanu Castro e Martín Garaboa.
CALDES: Gerard Camps; Roger Acsensi, Alexandre Acsensi, Xavier Rovira, Álvaro Giménez (quinteto inicial), Lluis Ricart, Xavi Gurri, Ferrán Rosa, Marcos Blanque e Roger Beltrán.
ÁRBITROS: Cantos Bonales e De la Hera Jáudenes. Mostraron cartón azul ó local Roberto Di Benedetto e ó visitante Álvaro Giménez.
GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 1). 1-1 (Álvaro Giménez, min. 6). 2-1 (Roberto Di Benedetto, min. 9). 3-1 (César Carballeira, min. 28). 3-2 (Álvaro Giménez, min. 46).
Xornada 22 da OK Liga 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).