Imaxe: LUIS VELASCO.
De caer, mellor facelo así. O Deportivo Liceo de Juan Copa foi derrotado de xeito máis que digno na final da Copa do Rei celebrada en Calafell. Non puido superar ó Barça, aínda que o mantivo contra as cordas ata os últimos segundos do partido. Os verdibrancos pechan así a súa estancia en Cataluña cun meritorio subcampionato.
Todo tras un partido difícil desde o principio. Ós tres minutos, Rodrigues adiantou ós culés cun disparo lonxano. Había que remar. Non tivo fortuna o Liceo no que sería o hipotético empate: un penalti que non logrou transformar César Carballeira. Aí empezou o catálogo de paradas de Sergi Fernández, a posteriori nomeado MVP da final.
A diferenza foi o acerto
Ós once minutos de encontro, cun conxunto verdibranco valiente a pesar do golpe inicial, Panadero anotou o 0-2 de gran definición picada. Martí Serra, receptor do tanto, completou un gran rendemento. Fernández tamén.
Esa foi unha das diferenzas: tódolos intentos coruñeses foron anulados polo veterán porteiro. Un bo exemplo foi a súa intervención ante Àlex Rodríguez antes do descanso. O 27 liceísta aproveitou un erro defensivo, enfrontouse ante o culé e este mantivo ben o triunfo parcial.
Resistencia ata o final
As ocasións liceístas e o seu saber estar na pista nunca semellaron os dun equipo derrotado. Nada máis lonxe da realidade. Fernández non parou de ter traballo en ningún momento do segundo acto.
A pesar do gran regreso ó Joan Ortoll, Pau Bargalló anotou o 0-3 (minuto 32). No 41, Rodrigues replicou (0-4). Semellou a sentenza, pero nin moito menos.
Os homes dun sempre activo Juan Copa tiñan moito que dicir. Àlex Rodríguez acurtou distancias en dúas ocasións: unha no 42 e outra no 47 tras aproveitar a décima infracción blaugrana. Incluso rozou o 3-4. Finalmente apareceu a bocina, decretou o campionato do Barça e a derrota exemplar dun equipo heroico.
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Sito Ricart, Pol Manrubia, Fabri Ciocale, Arnau Canal e Mati Bridge (meta suplente).
BARÇA: Sergi Fernández; João Rodrigues, Ignacio Alabart, Pau Bargalló, Hélder Nunes (quinteto inicial), Joan Pascual, Sergi Panadero, Marc Grau, Sergi Llorca e Carles Grau (meta suplente).
ÁRBITROS: Díaz Cosme e Sánchez García. Mostraron cartón azul a Àlex Rodríguez por parte do Deportivo Liceo.
GOLES: 0-1 (João Rodrigues, min. 3). 0-2 (Sergi Panadero, min. 11). 0-3 (Pau Bargalló, min. 32). 0-4 (João Rodrigues, min. 41). 1-4 (Àlex Rodríguez, min. 42). 2-4 (Àlex Rodríguez, min. 47).
Copa do Rei 2023, Final. Pavelló Joan Ortoll (Calafell).