Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
O derradeiro compromiso da OK Liga antes do seu parón foi especial. Polo minuto de aplausos previo, adicado a Vicente Torres, e porque o protagonista do propio partido foi o seu fillo Dava. Tres valiosos puntos ante o PAS Alcoi, segundo posto e 19 puntos de 24 posibles.
Momentos de tanteo mediante, foi cuestión de tempo que os homes de Juan Copa se fixeran donos do xogo. Avisou primeiro Jordi Adroher cunha directa ben detida por Grau Vila, aínda que o elixido non podía ser outro. Dava Torres, capitán, ingresou na pista ós dez minutos e anotou dous goles inmediatos. Ambos adicados ó seu pai, cuxo nome ilustraba a equipación negra do Liceo. Vítores unánimes de Riazor.
Pouco afectou o 2-1 do Alcoi, anotado por Gonzalo Pérez nun man a man. Àlex Rodríguez nunha xogada individual e Marc Grau nunha directa encargáronse de colocar o 4-1. Foi o resultado que chegou ó descanso.
Un Alcoi combativo
O dominador foi verdibranco (esta vez negro) a pesar dun voluntarioso rival. Non baixou os brazos e avisou diso cunha directa desviada de Iván Romero, aínda que Gonzalo Pérez batiu de novo a portería liceísta. 4-2 e a posibilidade dun medo no corpo que non apareceu. Un minuto despois, cunha potentísima directa, Àlex Rodríguez recuperou a vantaxe.
Carles Grau foi chave á hora de conservala cunha impresionante triple intervención a Gonzalo antes de que Marc Grau e Maxi Oruste colocaran o 7-2. Non quedaría así, xa que a poucos segundos do final o propio Pérez anotou un excelente gol lonxano.
Vitoria importante deportiva e moralmente para un Liceo que xa vive o parón da OK Liga, debido ó vindeiro Europeo de seleccións.
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Marc Grau, Roberto Di Benedetto, Jordi Adroher (quinteto inicial), Jordi Burgaya, Dava Torres, Maxi Oruste y Àlex Rodríguez.
PAS ALCOI: Marc Grau Vila; Agustín Domínguez, Felipe Matías, Iván Morales, Gonzalo Pérez (quinteto inicial), Carlos Cantó, Marc Grau Blanquer, Nicolás Seguí y Javier Alós.
ÁRBITROS: Díaz Cosme y Mier Sánchez. Mostraron tarjeta azul a Felipe Matías (PAS Alcoi). También la vio su entrenador, Lorenzo Pastor.
GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 10) 2-0 (Dava Torres, min. 11). 2-1 (Gonzalo Pérez, min. 16). 3-1 (Àlex Rodríguez, min. 21). 4-1 (Marc Grau, min. 24). 4-2 (Gonzalo Pérez, min. 36). 5-2 (Àlex Rodríguez, min. 37). 6-2 (Marc Grau, min. 42). 7-2 (Maxi Oruste, min. 42). 7-3 (Gonzalo Pérez, min. 50).
Jornada 8 de la OK Liga 21/22. Palacio de los Deportes (A Coruña). 500 espectadores.