O Liceo afrontaba este partido con sede de revancha, aínda que contra o Sporting de Portugal saíu outra cruz. Non fixo xustiza a unha boa actuación por parte de Juan Copa e os seus, serios ante un dos mellores equipos do mundo no seu propio Troféu Stromp.
A derrota pasada no Pazo dos Deportes precedeu a un partido igualado, similar ó anterior, pero o acerto da primeira parte beneficiou esta vez ó cadro coruñés. 18 minutos de sequía deron paso a tres goles apretados no tempo. O primeiro foi de Maxi Oruste, xa recuperado das súas dolencias. Àlex Rodríguez e Marc Grau anotaron o resto.
Tralo regreso á pista do Pavilhão João Rocha, o acerto mudouse ó Sporting. Seis minutos pasaron para que Gonzalo Romero acurtara diferenzas, e noutros nove anotou Ferran Font. As dúas dianas motivaron aínda máis ó cadro de Paulo Freitas, que lograron empatar (3-3) por mediación de Souto. A quenda de penaltis favoreceu ó conxunto portugués, que venceu por 5-4.
Pouco tempo deberá pasar para que chegue o seguinte amigable de verán, e é que a Juan Copa e os seus xogadores visitarán a todo un Benfica mañá domingo ás 16:00h (hora española). Un compromiso que clausurará as probas de pretempada. A vindeira fin de semana arrincará a tempada oficial coa disputa da Supercopa de España.
FICHA TÉCNICA
SPORTING CP: Ângelo Girão; Toni Pérez, Matías Platero, Gonçalo Nunes, Alessandro Verona (quinteto inicial), Gonzalo Romero, Ferran Font, João Almeida, Zé Diogo, João Souto e Henrique Magalhães.
DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez, Marc Grau (quinteto inicial), Maxi Oruste, Fran Torres, Roberto Di Benedetto, Jordi Adroher e Martín Garaboa.
ÁRBITROS: João Duarte e Ricardo Leal.
GOLES: 0-1 (Maxi Oruste, min. 18). 0-2 (Àlex Rodríguez, min. 19). 0-3 (Marc Grau, min. 24). 1-3 (Gonzalo Romero, min. 31). 2-3 (Ferran Font, min. 40). 3-3 (João Souto, min. 44).
PENALTIS: 0-0 (Gonçalo Nunes, fallo). 0-1 (César Carballeira, gol). 1-1 (Toni Pérez, gol). 1-2 (Àlex Rodríguez, gol). 2-2 (Alessandro Verona, gol). 2-2 (Marc Grau, falla). 3-2 (Ferran Font, gol). 3-3 (Roberto Di Benedetto, gol). 4-3 (Gonzalo Romero, gol). 4-4 (Jordi Adroher, gol). 4-4 (Gonzalo Romero, falla). 4-4 (César Carballeira, falla). 5-4 (Ferran Font, gol). 5-4 (Àlex Rodríguez, falla).
Troféu Stromp. Pavilhão João Rocha (Lisboa).