Nova demostración de traballo e novos tres puntos para achegarse de xeito case definitivo ó segundo posto matemático. Os logrados na Torre Roja do Caldes deixan ó Deportivo Liceo de Juan Copa (56 en total) a un triunfo ou dous empates do actual obxectivo, tendo en conta os cinco de distancia co Calafell (que non fallou esta xornada) e os seis que quedan en xogo.
A lóxica ambición ensinouse desde o principio, como debe facer o que loita por cousas grandes. Ós tres minutos marcou Dava Torres tras un gran pase de Àlex Rodríguez, enviado a un receptor astutamente colocado ó lado do pau de Jordi Pons.
O Deportivo Liceo podería asegurar matemáticamente a segunda praza regular se vence en Riazor ó Vilafranca (15 de abril)
Desafortunadamente, Cristian Rodríguez empatou na xogada seguinte (1-1). Tocaba superar adversidades. O Liceo foi quen de sobrevivir a un cartón azul a Àlex, á directa de Marc González e ó power play.
Dous minutos chave
O Caldes de Eduard Candami deixou vivo ó conxunto de Juan Copa e pagouno. Tras unha etapa de máis igualdade, Arnau Canal non perdoou un man a man (minuto 18) e anotou o 1-2. Inmediatamente, Àlex Rodríguez tamén marcou de directa (1-3) despois de aproveitar un dos dous azuis que vería o local Marcos Blanqué durante o choque.
Para finiquitar unha actuación global de gran nivel, Sito Ricart (ex do Caldes) foi o responsable do 1-4 despois dunha combinación excelsa co capitán Dava Torres. Non o celebrou.
Ida e volta
Sen nada que perder e trala charla do entretempo, o Caldes regresou á pista da Torre Roja a por todas. Completou grandes minutos e contou con numerosas oportunidades para acurtar distancias. A primeira delas, un penalti lanzado por Blanqué, foi atallada por Martí Serra.
A segunda metade foi un ida e vuelta constante cun Caldes realmente motivado
O encontro trocou nun ida e volta constante axudado por un Deportivo Liceo atento a potenciais contraataques. O que ocorreu foi o tanto local, obra de Marc González (min. 35) despois de aproveitar un rexeite de Martí. Animou ós homes de Candami, aínda que finalmente non lograron atravesar máis o muro coruñés. O asubío final oficializou o triunfo.
Copa e os seus xogadores contarán agora cun tempo amplo de preparación para dous choques vitais, ambos en Riazor: Oliveirense (13 de abril, Final 8 da Champions en xogo) e Vilafranca (posibilidade de segundo posto na OK Liga). A fin de semana do 8 non haberá partido.
FICHA TÉCNICA
CALDES: Jordi Pons; Xavi Gurri, Cristian Rodríguez, Marcos Blanqué, Marc González (quinteto inicial), Pau Cardona, Álvaro Giménez, Dídac Llobet e Jaume Gisbert (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Sito Ricart, César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Bruno Di Benedetto, Pol Manrubia, Fabri Ciocale, Arnau Canal e Mati Bridge (meta suplente).
ÁRBITROS: Burgos Manotas e Morandeira Sánchez. Mostraron cartón azul a Marcos Blanqué (en dúas ocasións) e a Álvaro Giménez por parte do Caldes. No Deportivo Liceo víronna Àlex Rodríguez e Bruno Di Benedetto.
GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 3). 1-1 (Cristian Rodríguez, min. 4). 1-2 (Arnau Canal, min. 18). 1-3 (Àlex Rodríguez, min. 19). 1-4 (Sito Ricart, min. 22). 2-4 (Marc González, min. 35).
OK Liga 22/23, Xornada 24. Torre Roja (Caldes de Montbui).