CRÓNICA | Tres puntos nun escenario de nivel (1-4)

CRÓNICA | Tres puntos nun escenario de nivel (1-4)

Os precedentes non invitaban, obxectivamente, ó optimismo. Pouco caso fixo o Deportivo Liceo, protagonista dunha vitoria de ouro no Municipal de Bigues i Riells para asinar a súa segunda consecutiva. Suma de tres onde só puideran xigantes como Manlleu ou Cerdanyola, fazaña útil para alzarse sétimo con 16 puntos.

Un triunfo, ademáis, de paciencia. Non foi ata o minuto 17 cando María Sanjurjo, figura indiscutible do partido, logrou batir a Helena Saldaña. A vantaxe xa non sería neutralizada en ningún momento. O resultado chegou ó descanso e, unha vez reanudada a acción, mellorou grazas á mencionada dorsarl 8.

Seriedade e calma

O Bigues i Riells non dixera, aínda así, a última palabra. Acurtou distancias mediante Erika Ghirardello (1-2) cando restaban dez minutos para o final e, cando todo invitaba a deixarse influir polo medo, o Liceo mantivo a firmeza. María oficializou o seu hat trick e a chilena Bea Gaete matou o partido co 1-4 definitivo.

María Sanjurjo foi a protagonista do partido grazas ós seus tres goles

O conxunto de Stanis García vivirá agora un pequeno parón ata o día 26, cando (se non hai trocos de horario) recuperará o seu partido adiado contra o Girona.

FICHA TÉCNICA

BIGUES I RIELLS: Helena Saldaña; Sofía Reyes, Marta Borràs, Marlena Rubio, María Igualada (quinteto inicial), Daniela Cañadó, Gemma Camp, Erika Ghirardello y Christina Klein.

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Bea Gaete, María Sanjurjo, Adriana Soto, Lucía Yáñez (quinteto inicial), Alba Garrote, Lara Yáñez, Cris Diz y Mencía Mosquera.

ÁRBITRO: Alan Navarro Mir. Sin tarjetas.

GOLES: 0-1 (María Sanjurjo, min. 17). 0-2 (María Sanjurjo, min. 35). 1-2 (Erika Ghirardello, min. 40). 1-3 (María Sanjurjo, min. 43). 1-4 (Bea Gaete, min. 49).

Jornada 14 de la OK Liga Femenina 21/22. Municipal de Bigues i Riells.

Deixa un comentario