CRÓNICA OK LIGA (X9) | Derrota en Barcelona (6-0)

CRÓNICA OK LIGA (X9) | Derrota en Barcelona (6-0)

25 de novembro de 2023


O Deportivo Liceo acusa os últimos minutos da primeira parte e cae no Palau.

Un final de primeira parte realmente desafortunado condenou ó Deportivo Liceo de Juan Copa no Palau Blaugrana. O Clásico da OK Liga (que se repetirá este xoves para abrir a Champions) deixou un triunfo de cor local que se fraguou do minuto 20 ó 23.

O Barcelona continúa así como líder da Fase Regular, mentres có Liceo permanece cos 15 puntos acumulados ata o de agora. Seguirá provisionalmente na terceira posición a falta de que se complete a xornada.

Tres minutos decisivos

O rendemento inicial do cadro coruñés distou moito do que acabaría representando o marcador ó descanso. As primeiras oportunidades foron súas e só un gran Carles Grau as evitou. Incluso se presentou unha importante ocasión en forma de azul a Xavi Barroso, que saíu da pista tras derrubar a César.

Varios afeccionados Liceístas apoiaron ó equipo no Palau Blaugrana.

Pablo Cancela non foi quen de superar ó exliceísta e o Barça sobreviviu á inferioridade numérica. Aquí comezou a medrar o seu perigo. Marc Grau rozou o 1-0 cun remate a porta semibaleira e, cando os verdibrancos atoparan o pau mediante Dava Torres, o propio Marc si oficializou o seu gol.

Aquí empezaron tres minutos fatais para os intereses liceístas. Do 0-0 no 20 ó 4-0 no 23. Foron dous tantos de Marc, un de Alabart e outro de Rodrigues.

Segunda metade sen demasiada historia

Tras isto todavía restaban 25 minutos por xogarse. A pesar do duro golpe recibido, se algo non fixo o Liceo foi baixar os brazos. Continuou loitando con todo o dispoñible e incluso rozou o gol, pero o meta local mantívose firme nas ocasións recibidas. Detivo dúas claras de César ó regreso e unha nova directa de Cancela.

O exliceísta Carles Grau detivo as non escasas oportunidades dos hoxe visitantes

O Barça si aumentou a súa vantaxe mediante Rodrigues (minuto 35) e Alabart (directa, 45). Os homes de Copa buscaron o gol da honra ante un contendente que se quedou con nove faltas, pero non apareceu. O seu potencial impúxose para sumar outra vitoria na súa propia pista.

Ambos rivales atoparanse de novo este xoves (20:00h) no mesmo escenario para abrir a Fase de Grupos da WSE Champions League.

FICHA TÉCNICA

BARÇA: Carles Grau; Ignacio Alabart, Pau Bargalló, Marc Grau, João Rodrigues (quinteto inicial), Miquel Escala, Xavi Barroso, Sergi Llorca, Eloi Cervera e Sergi Fernández (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Sito Ricart, César Carballeira, Dava Torres, Fabri Ciocale (quinteto inicial), Tomás Pereira, Fran Torres, Pablo Cancela e Tiago Rodrigues (meta suplente).

ÁRBITROS: Sergi Mayor Oliván e Jonathan Sánchez García. Mostraron cartón azul ó local Xavi Barroso en dúas ocasións.

GOLES: 1-0 (Marc Grau, min. 20). 2-0 (Ignacio Alabart, min. 20). 3-0 (João Rodrigues, min. 22). 4-0 (Marc Grau, min. 23). 5-0 (João Rodrigues, min. 35). 6-0 (Ignacio Alabart, min. 45).

OK Liga 23/24. Xornada 9 da Fase Regular. Palau Blaugrana (Barcelona).

Deixa un comentario