CRÓNICA OK LIGA (X20) | Derrota no Palau Blaugrana (6-1)

CRÓNICA OK LIGA (X20) | Derrota no Palau Blaugrana (6-1)

Imaxe: DAVID VALIENTE.

Non puido ser. A visita do Deportivo Liceo ó Palau Blaugrana de Barcelona deixou un resultado negativo, ademáis da pérdida momentánea da segunda praza doméstica. A OK Liga regresou para cataláns e coruñeses despois das súas respectivas probas europeas e quen triunfou foi o cadro local.

Os verdibrancos, agora terceiros con 44 puntos e a un do segundo Calafell, saíron á pista coa motivación que esixe unha proba como esta. O xogo foi igualado e ó principio puido inclinarse hacia os dous lados. Pol Manrubia intentouno no minuto 9 cun disparo que cuspiu o ferro do meta Sergi Fernández, pouco despois dun man a man que tampouco foi productivo.

Quen logrou marcar foi o exliceísta Marc Grau (minuto 11) a pase doutro antigo xogador da casa. Pau Bargalló asistiu a un dos dous irmáns (Carles foi o meta suplente do Barça) e empezou a poñer as cousas difíciles.

Os hoxe visitantes non encaixaron o golpe do mellor xeito e recibiron un polémico segundo tanto pouco despois. Grau, de novo, levantou o stick detrás da portería de Martí Serra a unha altura cuestionable, lanzou a bóla hacia Di Benedetto e o rebote provocou que entrara (minuto 14).

Reacción insuficiente

A oportunidade para os xogadores de Juan Copa chegou cando Hélder Nunes viu o cartón azul. Sen embargo, nin o lanzamento de Àlex Rodríguez nin a posterior superioridade numérica serviron para acurtar distancias. De feito, o luso anotou o 3-0 ó regresar.

Bruno Di Benedetto marcou o 3-1 a segundos do descanso, pero a motivación froito do gol non chegou para empatar

Un golpe importante ó que lle sucedeu un raio de esperanza. Bruno Di Benedetto, a pase de César Carballeira, definiu sutilmente para marcar o 3-1 a segundos do descanso e engadir tensión ó choque.

Superioridade local non exenta de polémica

Esa diana foi un sopro de aire fresco momentáneo para os homes de verde e branco. Procuraron meterse aínda máis no partido ata que se atoparon coa calidade do seu rival. O 4-1 foi, unha vez máis, obra dun Hélder Nunes que definiu á perfección fronte a Martí.

Aínda que continuou competindo, o Liceo tamén debeu loitar contra algunhas decisións cuestionables como o claro penalti do mencionado portugués contra Bruno, que recibiu un palazo dentro da área culé. Non se sinalou e quen levou o cartón azul foi o dorsal 3 durante a protesta.

Trala inferioridade, Rodrigues matou a acción (5-1) e Alabart redondeouna a segundos da clausura. 6-1 final e mente xa posta na Copa do Rei que comeza o vindeiro xoves. En Calafell agardará o Caldes (18:15h).

FICHA TÉCNICA

BARÇA: Sergi Fernández; Ignacio Alabart, Pau Bargalló, Hélder Nunes, João Rodrigues (quinteto inicial), Joan Pascual, Joan Ruano, Sergi Panadero, Marc Grau e Carles Grau (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, Fabri Ciocale, Arnau Canal e Mati Bridge (meta suplente).

ÁRBITROS: Cantos Bonales e Pérez Pérez. Mostraron cartón azul a Hélder Nunes por parte do Barça. No Deportivo Liceo viuna Bruno Di Benedetto.

GOLES: 1-0 (Marc Grau, min. 11). 2-0 (Bruno Di Benedetto, propia puerta, min. 14). 3-0 (Hélder Nunes, min. 23). 3-1 (Bruno Di Benedetto, min. 25). 4-1 (Hélder Nunes, min. 31). 5-1 (João Rodrigues, min. 41). 6-1 (Ignacio Alabart, min. 50).

OK Liga 22/23, Xornada 20. Palau Blaugrana (Barcelona).

Deixa un comentario