CRÓNICA OK LIGA | Traballado pase a semifinais (0-3)

CRÓNICA OK LIGA | Traballado pase a semifinais (0-3)

O primeiro paso está dado. Juan Copa e o seu Deportivo Liceo xa son semifinalistas dos playoffs pola OK Liga tras saír triunfantes do Francisco Laporta de Alcoi, unha pista na que perdeu durante a fase regular. Superou os cuartos de final pola vía rápida ó levar os dous primeiros choques dunha eliminatoria de tres.

Como cabía agardar, conquistar a pista foi arduo. Facilitou as cousas Àlex Rodríguez ós oito minutos cando, tras unha boa xogada individual, superou ó meta local cun bolazo á escadra. Deu paso a un partido trabado e moi físico no que o Alcoi nunca baixou os brazos.

Aguante e xestión

Similar foi o guion do acto final. Os locais apretaron a un Liceo que foi quen de administrar de forma óptima a súa vantaxe, aínda que os verdibrancos xogaron os compases finais coa ameaza dunha décima falta. O Alcoi incluso buscou forzala cando as pernas xa non lle respondían como ó principio.

Para fortuna do Deportivo Liceo o 0-1 continuou ata o último minuto. O seu rival, con cinco homes de pista, achegouse ó empate pero encaixou dous tantos coa porta baleira. Foron obra de Marc Grau e Jordi Burgaya para ledicia do banquiño.

O rival das semifinais sairá do cruce entre Calafell e Noia, que se resolverá o martes no seu terceiro partido.

FICHA TÉCNICA

ALCOI: Marc Grau; Ferran Formatjé, Pere Cañellas, Iván Morales, Gonzalo Pérez (quintetos iniciais), Agustín Domínguez, Felipe Matías, Nicolas Seguí, Javier Alos e Marc Castañer (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez, Jordi Adroher (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau, Jordi Burgaya, Nanu Castro e Martín Garaboa (meta suplente).

ÁRBITROS: Iván González González e Oriol Pérez Claramunt. Sen cartóns.

GOLES: 0-1 (Àlex Rodríguez, min. 8). 0-2 (Marc Grau, min. 50). 0-3 (Jordi Burgaya, min. 50).

OK Liga 21/22, Playoff polo título, Cuartos de Final, Partido 2. Polideportivo Francisco Laporta (Alcoi).

Deixa un comentario