Lance do partido da primeira volta. Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
A visita ó Polideportivo Francisco Laporta de Alcoi rematou en derrota. O Deportivo Liceo acumulou a terceira da tempada, que desde logo non empaña uns rexistros de gran nivel. A pesar deste tropezo, o equipo continúa na segunda posición con 50 puntos sobre 63 posibles.
Todo comezou de forma igualada, aínda que positiva. O conxunto verdibranco, sen Carles Grau por problemas persoais e con Martín na portería, estableceu ritmo ó partido desde o principio e foi o primeiro en adiantarse. Logrouno Dava Torres (minuto 8) cunha xogada individual. Roberto Di Benedetto marcou o 0-2 pouco despois.
O Deportivo Liceo colocouse 0-2, pero o Alcoi remontou antes do descanso.
Sen embargo, o Alcoi reaccionou. O 1-2, obra dun perigoso Formatjé, non tardou. Un golpe de moral que motivou ós locais a remontar o partido (3-2) chegado o descanso grazas a Cañellas e Gonzalo Pérez, con dous golazos.
Ante un muro
Ese triunfo parcial foi ben defendido polo porteiro local, de nome Marc Grau. A solidez e o 4-2, logrado por Iván Morales ó regresar á pista, colocaron un escenario favorable ó Alcoi. O Deportivo Liceo acurtou distancias mediante un gran tanto de Maxi Oruste, pero non foi suficiente para puntuar.
Juan Copa e os seus xogadores procurarán repoñerse do golpe recibindo ó Caldes o vindeiro sábado (17:00h).
FICHA TÉCNICA
PAS ALCOI: Marc Grau; Ferran Formatjé, Agustín Domínguez, Iván Morales, Gonzalo Pérez (quinteto inicial), Pere Cañellas, Carlos Cantó, Felipe Matías, Marc Grau Blanquer e Marc Castañer.
DEPORTIVO LICEO: Martín Garaboa; César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau, Jordi Burgaya e Javi Ponte.
ÁRBITROS: Gerard Gorina Bail e Aleix Gorina Bail. Mostraron cartón azul ós visitantes Jordi Burgaya e Àlex Rodríguez.
GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 8). 0-2 (Roberto Di Benedetto, min. 12). 1-2 (Ferran Formatjé, min. 12). 2-2 (Pere Cañellas, min. 21). 3-2 (Gonzalo Pérez, min 23). 4-2 (Iván Morales, min. 27). 4-3 (Maxi Oruste, min. 38).
Xornada 21 da OK Liga 21/22. Polideportivo Francisco Laporta.