Convocatoria para a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de 2023

Convocatoria para a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de 2023

O Presidente do Hockey Club Liceo, dacordo co artículo 17 dos Estatutos da Sociedade, convoca a tódolos socios con dereito a voto á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da entidade que terá lugar o día 20 de febreiro (luns) de 2023 no Salón de Actos do COLEXIO LICEO LA PAZ sito en Sebastián Martínez Risco, 12, ás 19:00h en primeira convocatoria e ás 19:30h en segunda convocatoria.

Os socios de máis de dous anos de antigüidade deberán confirmar a súa asistencia desde este momento e ata as 13:00h do venres día 17 de febreiro de 2023 ó correo gerencia@hockeyclubliceo.com.

Asamblea Xeral Ordinaria | Orde do día

  1. Lectura e aprobación, se procede, do Acta da Asamblea Xeral Ordinaria anterior.
  2. Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede.
  3. Presuposto para o ano 2023.
  4. Proxectos e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.
  5. Proposicións que formulen os socios e que terán que ir asinadas ó menos polo 5 por 100 dos mesmos.
  6. Pregos e preguntas.

Asamblea Xeral Extraordinaria | Orde do día

Unha vez concluida a Asemblea Xeral Ordinaria, no mesmo lugar e día celebrarase a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA dacordo ca seguinte orde do día:

  1. Autorización para a convocatoria de elección a Presidente, dacordo co artículo 16, apartado 2 (a duración será de 4 anos, reelexibeis, segundo o artículo 10).
  2. Elección da Xunta Electoral. Procederase a solicitar entre os asistentes 6 voluntarios para formar parte da Xunta Electoral, 3 como titulares e outros 3 como suplentes.
  3. Convocatoria da elección a Presidente.
  4. Propostas da Xunta Directiva.
  5. Pregos e preguntas.

Deixa un comentario