Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
A WSE Champions League celebrou hoxe xoves o sorteo da súa fase de grupos, co Deportivo Liceo situado no A. A competición xuntará ó conxunto de Juan Copa con dous rivais portugueses e un español: Benfica, Oliveirense e Calafell. O hockey comezará o día 26 de xaneiro de 2023 na pista do Oliveirense.
Esta fase, que se celebrará a dobre volta, finalizará o día 13 de abril, cando recibiremos ó mesmo equipo luso.
A continuación, a orde das xornadas a falta de horarios concretos:
- Xornada 1 (26 de xaneiro): UD Oliveirense – DEPORTIVO LICEO
- Xornada 2 (9 de febreiro): DEPORTIVO LICEO – SL Benfica
- Xornada 3 (23 de febreiro): CP Calafell – DEPORTIVO LICEO
- Xornada 4 (9 de marzo): DEPORTIVO LICEO – CP Calafell
- Xornada 5 (23 de marzo): SL Benfica – DEPORTIVO LICEO
- Xornada 6 (13 de abril): DEPORTIVO LICEO – UD Oliveirense
Estes son os catro grupos sorteados:
Juan Copa: “Tódolos rivais ían ser difíciles”
O técnico do Liceo, Juan Copa, valorou este sorteo da WSE Champions League unha vez rematado: “Estamos contentos por volver a competila e co formato de grupos. Tódolos rivais que tocaran ían ser difíciles pola súa categoría”.
Opinou, ademáis, sobre o potencial dos tres rivais do Grupo A. Varios deles, con antigos coñecidos liceístas: “Oliveirense e Benfica están moi reforzados. Atoparémonos de novo con Roberto Di Benedetto, Edu Lamas, Franco Platero e Jordi Adroher. Son equipos moi fortes, xa sabemos como é a liga portuguesa. Coñecemos ó Calafell ben da nosa e recentemente competimos contra eles”.