Trala detección dun positivo en COVID-19 dentro do persoal deportivo do Liceo, o club debe aclarar unha serie de puntos:
- A persoa afectada, ante todo, conta cun bo estado de saúde. O seu positivo foi coñecido o pasado xoves día 9. Onte, venres, identificouse a un membro do staff do Feminino como contacto estreito.
- Este membro foi parte da expedición que viaxou esta semana a Las Rozas para disputar o partido do mércores de OK Liga Feminina. Por iso, tivo relación directa e sen máscara co plantel e o resto do staff. Realizóuselle unha proba PCR onte venres nada máis coñecer isto, con resultado aínda pendente. Actualmente non se pode confirmar a existencia de máis contactos estreitos do caso inicial.
- Por iso, ante o risco claro de máis casos do virus no equipo, o club entende que sería unha irresponsabilidade levar a cabo unha viaxe a Mataró. Toda esta situación notificouse á Real Federación Española de Patinaxe, á vez que unha petición de aprazamento do encontro que se debía disputar hoxe sábado 11 ás 20:30h.
- O organismo denegouna, alegando que pola súa propia normativa debe haber un mínimo de catro positivos para levar a cabo o aprazamento. O Deportivo Liceo entende a lexislación da RFEP pero considera prioritaria a cuestión sanitaria.
- Sería unha auténtica irresponsabilidade enviar a una expedición de xogadoras que neste momento non son oficialmente positivas en COVID-19, pero que poderían selo no momento de coñecer os resultados dos tests. O Deportivo Liceo négase rotundamente a repetir os errores doutros clubes que, no verán de 2020, si cometeron esa temeridade e fixeron dano á cidade da Coruña. É unha lóxica cuestión de saúde, tanto propia como allea.
- O club considera que non é suficientemente fiable a realización de tests de antíxenos sen unha marxe de 48 horas.
- A Xunta de Galicia, no seu protocolo sanitario, recomenda ademáis que os contactos estreitos dun caso de COVID-19, aínda que estén vacinados, deben minimizar as súas relacións sociais. Viaxar a Cataluña para a disputa dun encontro de alta competición rompería claramente esa directriz.
- Desde o inicio desta pandemia, o Deportivo Liceo considerou unha prioridade total a saúde dos seus integrantes e demostrouno con feitos. O club, da man das directrices da Xunta, siempre foi máis aló dos requerimentos da RFEP. Así seguirá sendo mentres dure a situación de pandemia.