Compromiso na OK Bronce tras un mes de parón

Compromiso na OK Bronce tras un mes de parón

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Amarga espera desde o 29 de xaneiro. Case 30 días despois, o filial masculino do Deportivo Liceo afronta un novo partido da OK Bronce. O seu Grupo Norte deixaralle un duelo en Vitoria contra o CD Aurrera, anfitrión do Polideportivo de Ariznavarra (domingo 26, 12:00h, xornada 16).

A existencia de tres turnos de descanso semanais e o asueto da propia competición a principios de febreiro xeraron este cóctel de incidencias. Aínda así non influirá dentro do plantel dirixido por Sergio Huelves, actual cuarto clasificado con 19 puntos (a catro do líder) en 11 datas disputadas. É un dos conxuntos con menos acción vivida, xa que os mencionados turnos de descanso provocan que varios conten xa con 12 ou incluso 13.

O CD Aurrera, pola súa parte, é o actual penúltimo clasificado con 12 unidades noutros 11 partidos froito de tres triunfos, tres empates e cinco derrotas.

O Deportivo Liceo conta con 11 partidos disputados dentro dun sistema con tres turnos de descanso por xornada.

Aquí podes consultar a clasificación completa do Grupo Norte.

Acción continua

A este partido non lle seguirá outro parón similar ó vivido recentemente. Unha vez completado o duelo, os liceístas prepararanse desde o luns para recibir ó CP Areces Pavitek no Agra I (sábado 4 de marzo, 17:00h). O domingo 12 do mesmo mes visitarán ó Escola Lubiáns (12:30h).

Deixa un comentario