Este sábado 8 de outubro empezará a terceira categoría do hockey masculino nacional: a OK Bronce. No seu Grupo Norte, o filial do Deportivo Liceo sairá á pista para afrontar unha fin de semana con dobre compromiso. Ambos serán como local.
O propio día 8, o conxunto verdibranco recibirá no Pavillón Agra II da Coruña ó RC Jolaseta, un dos candidatos ó ascenso. O partido terá lugar ás 17:00h.
Poucas horas despois, o domingo día 9 ás 12:00h, os liceístas volverán a exercer de anfitrións. Esta vez ante o CD Aurrera, de novo no Agra II nun duelo correspondente á xornada 3.
Un total de 26 xornadas e seis descansos
Serán as dúas datas iniciais dunha competición que rematará, presumiblemente, o 27 de maio de 2023. Contará con 26 xornadas, aínda que cheas de descansos: un total de seis nas xornadas 2, 6, 8, 15, 19 e 21.
Polo tanto, o primeiro do Deportivo Liceo terá lugar unha vez remate esta gran fin de semana de hockey. Regresará á pista o 29 de outubro, día no que visitará ó Areces.