Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
Rematou o parón de Nadal para a competición de OK Liga Bronce. Tamén, por ende, para o filial do Deportivo Liceo. O conxunto comandado por Sergio Huelves volverá á acción na súa visita ó Polideportivo de Urdaneta (sábado 14, 17:00h), compromiso inicial do novo 2023.
O equipo vasco é o actual colista do Grupo Norte cun só punto sumado, 11 goles a favor e 34 en contra en oito partidos disputados. Números que non deberán confiar en exceso ós xogadores verdibrancos, actuais oitavos clasificados con dez unidades tras sete xornadas. O seu rexistro de goles a día de hoxe resúmese en 25 anotados e 20 recibidos.
O Deportivo Liceo disputou menos xornadas que tódolos equipos que o superan na clasificación
A presenza de tres turnos de descanso por data desvirtúa lixeiramente a táboa en termos xerais, xa que, por exemplo, o Deportivo Liceo conta con menos encontros que tódolos equipos que o superan.
Aquí podes consultar a clasificación actual.
Sen novos paróns ata febreiro
Os mencionados descansos non volverán a afectar ó conxunto liceísta ata dentro dun mes exacto, o cal servirá para reaxustar o anterior. O próximo chegará o 12 de febreiro, pero antes haberá tempo de xogar ata catro partidos: o mencionado contra o CD Urdaneta, HC Raxoi (21 de xaneiro, casa), UDC Rochapea (28 de xaneiro, fóra) e Jolaseta (4 de febreiro, fóra).