Os equipos masculino e feminino da Liga Senior Autonómica disputarán esta fin de semana os seus derradeiros compromisos do ano 2020. Non así o filial, do Grupo Norte da OK Prata, que regresará á competición o día 9 de xaneiro (Areces Pavitek, 18:00h).
O Senior masculino, colíder do seu grupo na fase regular, xogará o sábado 19 de decembro ás 12:00h. Será un derbi coruñés ante o CAA Dominicos, para logo vivir un parón competitivo que rematará o 16 de xaneiro. O equipo liceísta vén de dúas vitorias consecutivas ante os dous conxuntos que ten o HC Borbolla na liga (2-0 e 6-1).
Pola súa parte, ó Feminino agárdalle unha fin de semana repleta de hockey. As verdes terán que xogar ante o Borbolla tanto o sábado (locais, 13:00h) como o domingo (visitantes, 12:00h), para logo comezar un parón que rematará o 9 de xaneiro de 2021. Son dous choques decisivos para o liderado da fase regular, xa que o Deportivo Liceo e o Borbolla son primeiro (12 puntos) e segundo (9 puntos).