A segunda competición masculina do hockey sobre patíns nacional suporá unha nova proba para o filial do Deportivo Liceo. Stanis García e os seus xogadores deberán enfrontarse ó CP Tordera na xornada 15 do Grupo Norte, no que cada vez restan menos xornadas. Tras este compromiso só quedarán seis máis, aínda que espaciados no tempo, xa que o último terá lugar -previsiblemente- o día 8 de maio.
Polo de pronto, o Liceo deberá visitar a un Tordera que lle sucede na clasificación. Ambos son sextos e sétimos con 24 e 17 puntos, respectivamente, pero o conxunto catalán conta cunha xornada disputada menos. A viaxe terá lugar sen problema algún, tras o pleno de negativos nos tests de detección de COVID-19 realizados nos equipos liceístas.
✅ Pleno de NEGATIVOS nos tests de detección de COVID-19 do #OKLiga e o #OKPrata do Deportivo Liceo.
➡️ Ambos equipos viaxarán sen problemas a Palafrugell e Tordera, respectivamente.
📸 @hockeyglobal (@ArcayMonica) pic.twitter.com/opzwdwTjx0
— Hockey Club Liceo (@HockeyclubLICEO) February 25, 2021
Os verdibrancos afrontarán esta nova data tras unha fin de semana de dous partidos, un en sábado e outro en domingo (xornadas 14 e 16). O primeiro significou unha vitoria por 4-2 ante o Finved Capellades, mentres que o segundo rematou en derrota. O marcador deixou un 0-4 a favor do SHUM, que aproveitou o seu compromiso en A Coruña ante o Dominicos para afrontar este segundo.