4 de xullo de 2023
O canteirán do Liceo amplía a súa estancia por, de momento, un curso máis.
A relación entre o Liceo e César Carballeira (A Coruña, 1996) non rematará este verán. O club e o canteirán verdibranco rubricaron nas últimas horas a renovación do contrato que unía a ambos. Prorrógase, de momento, ata a finalización do curso 23/24.
César seguirá así ás ordes de Juan Copa despois de declinar numerosas ofertas de xigantes do hockey europeo. Disputará a súa cuarta tempada consecutiva como liceísta desde o seu regreso en 2020, cando puxo fin a dous anos no Reus Deportiu.
Antes da súa etapa en Cataluña, “o neno do cole” medrou e progresou por tódalas categorías do Hockey Club Liceo ata chegar ó seu primeiro equipo. Nel logrou ser campión de OK Liga, da Copa do Rei e da Supercopa de España con protagonismo chave.
Erixiuse tamén como un dos capitáns do equipo, xunto a Dava Torres; e foi convocado en varias ocasións polo seleccionador español absoluto.
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) July 4, 2023