Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
O traballo ben feito volve en forma de premio para tres dos integrantes do Deportivo Liceo. Carles Grau, César Carballeira e Marc Grau son tres dos xogadores seleccionados por Guillem Cabestany para defender a España no vindeiro Europeo absoluto de nacións.
A cita terá lugar en Paredes (Portugal) do 14 ó 20 de novembro, despois de ser adiada no pasado.
A lista completa do combinado español, tamén con varios exliceístas, é a seguinte:
- PORTEROS: Carles Grau (Deportivo Liceo), Xavi Malián (FC Porto) e Martí Serra (Lleida).
- XOGADORES DE PISTA: César Carballeira (Deportivo Liceo), Marc Grau (Deportivo Liceo), Xavi Barroso (FC Porto), Sergi Aragonès (Benfica), Sergi Panadero (Barça), Ignacio Alabart (Barça), Pau Bargalló (Barça), Ferran Font (Sporting CP) e Toni Pérez (Sporting CP).
IMAXES: HOCKEY GLOBAL.