Campus de Verán 2024 | Inscricións abertas!

Campus de Verán 2024 | Inscricións abertas!

19 de marzo de 2024


Haberá dous turnos: do 24 ó 28 de xuño e do 1 ó 5 de xullo.

Tamén tres modalidades de estancia: pensión completa, media pensión e adestramentos.

Unha vez máis, os alumnos do Colexio Liceo La Paz terán un 10% de desconto.

O Campus de Verán 2024 abre desde este mesmo momento o seu prazo de inscrición. O evento, como é habitual, celebrarase no Colexio Liceo La Paz para que os máis pequenos gocen do hockey sobre patíns.

O Campus estará dirixido polos monitores e os técnicos do Hockey Club Liceo. Ademais contará de novo coa presenza dos xogadores do equipo de OK Liga, tal e como ocorreu en edicións anteriores.

Para completar o proceso de inscrición deben cumprirse os seguintes pasos, á vez que enviar os documentos especificados a continuación:

  • Abonar a cantidade da modalidade elixida ó número de conta facilitado no documento de inscrición: ES98 2080 0006 4255 0002 2243. Enviar xustificante do ingreso a administracion@hockeyclubliceo.com.
  • Enviar o DNI do neno/a e do pai/nai/tutor ó mencionado correo de Administración.

O teléfono de contacto para apuntarse e/ou solicitar máis información será o 616 26 85 82 (Antón). Tamén estará a disposición o 981 13 14 51 en horario de tarde.

Modalidades e prezos

O Campus de Verán 2024 dividirase en dous turnos: o primeiro irá do 24 ó 28 de xuño e o segundo do 1 ó 5 de xullo.

Como é habitual, haberá tres modalidades diferentes, TODAS CUN 10% DE DESCONTO PARA ALUMNOS E ALUMNAS DO COLEXIO LICEO. Os nenos e nenas deberán presentarse media hora antes dos horarios especificados neste desglose:

  • PENSIÓN COMPLETA | A cantidade por un turno ascende ós 350€, sendo 600€ se se elixen os dous. A estancia terá lugar no mesmo Colexio Liceo e estará supervisada polos monitores e o persoal do centro.
  • MEDIA PENSIÓN | 250€ por un turno e 400€ por ambos. Horario de 9:30h a 20:30h.
  • SÓ ADESTRAMENTOS | 180€ por un turno e 310€ por ambos. Horario de 9:30h a 14:00h e de 16:00h a 20:30h.

Deixa un comentario