CAMPAÑA DE ABONOS | Súmate ó Liceo máis koruño da historia!

CAMPAÑA DE ABONOS | Súmate ó Liceo máis koruño da historia!

23 de xullo de 2024


Mantéñense as mesmas modalidades de carnet, que se formalizarán mediante a plataforma Cluber.

Os máis pequenos entrarán gratis a tódolos partidos en caso de cumprir certas condicións.

Os socios residentes en Cataluña tamén poderán solicitar entradas de balde para os partidos que se disputen nese territorio.

O Liceo máis koruño da historia tamén é da súa xente. Unha afección que anima nos bos e nos malos momentos. Ante un novo e ilusionante curso 24/25, a Campaña de Abonos xa é unha realidade para todo aquel que queira sumarse ó verde e ó branco.

Tal e como vén ocorrendo nos últimos anos, os carnets terán ata tres modalidades diferentes. Son as seguintes, cada unha coas súas especificacións:

  • SOCIO INDIVIDUAL: Contará cun prezo de 50€.
  • SOCIO FAMILIAR: Terá un valor de 80€ e permitirá incluir ata un máximo de catro carnets. Deberán formar parte do mesmo núcleo familiar.
  • SOCIO PROTECTOR: O prezo ascende a 300€ que inclúen ata seis carnets e unha camiseta asinada por todo o plantel do Liceo.

Os carnets incluirán entrada de balde a tódolos partidos da OK Liga tanto na Fase Regular como nos playoffs, salvo os hipotéticos marcados como Día do Club. Tamén permitirá o acceso ós encontros de competicións europeas.

Para darse de alta e renovar tamén existirá, como é habitual, a opción online vía CLUBER a través do seguinte enlace:

https://lc.cx/3Z77Sw

O abono tamén poderá formalizarse nas oficinas do club, situadas no Colexio Liceo La Paz.

Entradas de balde para os socios de Cataluña

Continuando coa idea iniciada no curso 23/24, os socios residentes no territorio catalán poderán solicitar entradas de balde. Estas servirán para os partidos que o Deportivo Liceo dispute na zona.

Os pases, como ocorría durante a pasada tempada, solicitaranse vía correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com e repartiranse por estricta orde cronolóxica. Corresponde unha entrada para cada socio, é dicir: unha para un carnet individual e catro, por exemplo, se o solicitante conta cun carnet familiar de catro integrantes.

As peticións deberán realizarse antes das 21:00h do martes previo a cada partido, sexa este en sábado/domingo ou entre semana. As recibidas despois de prazo non poderán ser atendidas.

Portas abertas para os máis pequenos

Os Liceístas máis pequenos, como ocorreu no curso 23/24, continuarán coa opción de entrar totalmente de balde a Riazor se cumpren un de dous requisitos. Estes serán os seguintes:

  • Alumnos do Colexio Liceo La Paz de tódalas idades.
  • Poseedores dunha ficha federativa de hockey sobre patíns (ata 12 anos).

Súmate ó Liceo máis koruño da historia e loita connosco noutra ilusionante tempada!

Deixa un comentario