O club e o atacante catalán chegan a un acordo para a finalización da súa vinculación.
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo e Arnau Canal chegaron a un acordo no mediodía de hoxe para finalizar a relación contractual que os unía. O club, como non pode ser doutro xeito, deséxalle a Arnau a mellor das sortes no seu futuro profesional e persoal.
O xa exliceísta chegou á Coruña durante o verán de 2022 despois de sumar excelentes números no seu Voltregà natal. No Deportivo Liceo aportou un total de once goles: dez na OK Liga e un na WSE Champions League.
A saída de Canal prodúcese de mutuo acordo, polo que finalmente non se cumprirá o ano de contrato que lle quedaba. Únese ás catro xa confirmadas de Bruno Di Benedetto, Mati Bridge, Pol Manrubia e Àlex Rodríguez.
Mentres tanto, o Deportivo Liceo continúa traballando para reforzar o equipo de cara á tempada 23/24 e pronto ofrecerá novidades a respecto.