O Deportivo Liceo e Azemad continuarán da man ata, como mínimo, o ano 2024. Este acordo de renovación implicará que a compañía portuguesa seguirá proporcionándolle ó club o seu mellor material deportivo, tal e como vén facendo nos últimos tempos.
Os diferentes planteis do Liceo gozarán así de sticks, patíns, proteccións e demáis accesorios que axuden a alcanzar un máximo rendemento deportivo tanto nos adestramentos como na competición real.
O Liceo desexa agradecerlle públicamente a Azemad tanto a predisposición para continuar como o gran traballo que realiza en beneficio do noso gran deporte.