Imaxe: VÍCTOR ECHAVE | La Opinión de A Coruña.
En dous meses, a cidade da Coruña será o centro neurálxico do hockey sobre patíns continental. O vindeiro abril celebrarase no Pazo dos Deportes de Riazor a Golden Cup 50 aniversario Deportivo Liceo, unha competición que durará desde o día 11 ata o 17.
Os protagonistas serán os doce mellores conxuntos de Europa: Sporting de Portugal, Porto, Benfica, Barcelos, Oliveirense (portugueses), Deportivo Liceo, Barça, Noia, Reus, Caldes (españois), Forte dei Marmi (italiano) e Saint-Omer (francés). O formato é tan sinxelo como atractivo: unha fase de grupos (catro con tres equipos cada un, no que pasan os dous mellores), cuartos de final, semifinais e final.
Ante esta ilusionante competición, o Deportivo Liceo desexa agradecer públicamente o esforzo do Concello da Coruña para tornar na alma do hockey sobre patíns.
Nas próximasdatas, o club informará a tódolos afeccionados a este deporte sobre as entradas e o aforo dispoñible.