Lance do pasado choque de OK Liga entre Liceo e Caldes. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
A vindeira Copa do Rei xa ten o camiño marcado. Só queda lograr dar os pasos necesarios ata o título. O Deportivo Liceo coñece desde este luns ó seu rival nos cuartos de final da competición, que será o Caldes na sede única de Calafell (xoves 2 de marzo). O horario todavía está por confirmar, así como os operadores que retransmitirán os partidos.
Juan Copa e os seus xogadores debutarán no día inicial dunha Copa que durará ata o día 5 de marzo, data na que terá lugar a gran final. En caso de triunfar nos cuartos, a semifinal xuntaría o sábado 4 ós verdibrancos co vencedor do Noia-Voltregà. No outro lado do cadro loitarán Barça, Igualada, Reus Deportiu e o anfitrión Calafell.
Este é o esquema definitivo do torneo: