Chega ó Pazo dos Deportes unha nova xornada de OK Liga (sábado 28, 18:00h) na que todo o que o desexe poderá gozar do mellor hockey. Visitará a pista de Riazor o Arenys de Munt, rival dun Deportivo Liceo que volverá a necesitar o apoio da súa afección para loitar por outro triunfo consecutivo.
Para iso, o club lanza unha vez máis prezos populares para todo aquel que queira asistir ó encontro. O público xeral terá de novo esa posibilidade por nada menos que 5 euros e poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder acceder.
Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets, sexa de forma dixital ou impresa.
Tamén entrarán de xeito gratuito os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.
Acude a Riazor e axúdanos na nosa loita!