O acto final da fase regular é xa unha realidade dentro da OK Liga. Tamén para o Deportivo Liceo, que este sábado (17:00h) patinará no Pazo dos Deportes de Riazor por segunda semana consecutiva. O seu rival será, esta vez, o CP Voltregà.
Para Juan Copa e os seus xogadores será a oportunidade de sumar o que significaría o seu quinto triunfo consecutivo. O cuarto, logrado a semana pasada, oficializouse tras superar ó Lleida (5-2). Foi útil para aupar ó Liceo á segunda posición, antes ocupada polo Noia, grazas ó total de 30 puntos sumados sobre 39 posibles. Un rexistro de enorme nivel tamén útil para acudir como cabeza de serie ó sorteo da vindeira Copa do Rei de Calafell, con data aínda por confirmar.
Tras este novo compromiso, a expedición verdibranca si deberá viaxar a Cataluña para visitar ó Girona. O encontro celebrarase o sábado 21 ás 20:00h.
Sen Sito Ricart
A única baixa para este partido será a do dorsal número 2 liceísta, cuxo posto será ocupado por Fran Torres dentro da habitual convocatoria de dez xogadores.
Non hai máis novedades dentro dunha lista conformada, ademáis de por Tombita, por Martí Serra, Mati Bridge, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Fabri Ciocale, Àlex Rodríguez e Arnau Canal.
Un Voltregà que vai a máis
Pouco hai que confiarse co equipo dirixido por Lluis Teixidó, responsable dun grupo que medra ante os rivais teóricamente superiores. Non só iso, senón que é quen de vencelos. Eso demostrou a semana pasada dentro da complicada pista do Noia (4-6).
O Voltregà é o actual oitavo clasificado da OK Liga con 16 puntos sumados, aínda que dentro dunha zona media caracterizada pola igualdade máxima. Si destacan os seus 39 goles encaixados, quinta mellor marca de toda a competición. En canto a realización, saen á palestra nomes como Aleix Molas (10 goles), Èric Vargas (9) ou o exliceísta Jordi Burgaya (7).
O Voltregà chegará a Riazor tras conquistar a pista do Noia
No seu día, o Deportivo Liceo xa sudou tinta para vencer no forte Oliveras de la Riva. Naquel partido inaugural da OK Liga 22/23, os verdibrancos gañaron por 3-4 grazas a un gol de César Carballeira a falta de 46 segundos para o final.
Entradas a 5€ para público xeral
O Deportivo Liceo, como é norma, volverá a vender entradas a prezos totalmente populares.
O público xeral terá de novo a posibilidade de asistir por nada menos que 5 euros. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de Cluber. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder entrar.
Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets.
Para rematar, os nenos e nenas que cumpran calquera das seguintes condicións poderán asistir ó choque de xeito gratuito, tal e como vén ocorrendo co resto dos partidos de OK Liga e obedecendo á nova política do club:
- Ter 12 anos ou menos. En casos non tan evidentes, deberá acreditarse a idade mediante DNI.
- Estudar no Colexio Liceo La Paz, sexa cal sexa a idade. Tan só deberán acudir ó Pazo coa roupa do centro.
- Contar cunha ficha federativa de hockey sobre patíns que se deberá ensinar nas portas de entrada ó Pazo dos Deportes.