CRÓNICA OK LIGA (X7) | Digna derrota (2-3)

CRÓNICA OK LIGA (X7) | Digna derrota (2-3)

Àlex Rodríguez anotou os dous goles verdibrancos. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Regresou a OK Liga e fíxoo cunha gran cita. A pesar de caer ante o Barcelona, o Deportivo Liceo de Juan Copa ofreceu a súa habitual imaxe de loita e compromiso ata o final. Non sumou puntos, polo que os verdibrancos permanecen no quinto posto da OK Liga cos seus 15 colleitados ata o de agora.

Apoiados por un Riazor cheo de liceístas, o recén regresado do Mundial, Dava Torres, empezou anotando un gol anulado polos colexiados. A mala fortuna provocou que Pau Bargalló, na seguinte xogada, adiantara ó conxunto visitante tras superar a Martí Serra nun man a man.

O Barça adiantouse primeiro grazas a un gol de Pau Bargalló

O Liceo, como non podía ser doutro xeito, buscou intensamente o empate desde o segundo un. Pol Manrubia, Bruno Di Benedetto e Sito Ricart protagonizaron as ocasións máis claras, todas ben detidas polo meta Sergi Fernández. Como o acerto manda, Sergi Llorca oficializou o 0-2 para os culés.

A décima falta do Barça, que definiu á perfección unha primeira parte chea delas (9-10), mandou a Àlex Rodríguez ó punto da directa sen fortuna. O 0-2 foi o resultado que chegou ó descanso, pero todavía quedaba moito que dicir.

Reparto de golpes

A intensidade xeral, que non era precisamente pouca, incrementou nos segundos 25 minutos. O Deportivo Liceo sobreviviu á súa décima infracción e rozou o 1-2 cun penalti errado de César no que Panadero viu cartón azul, pero os locais aproveitaron a superioridade. Àlex Rodríguez, cun gran disparo lonxano marca da casa, acurtou distancias (minuto 38).

O exliceísta Marc Grau decidiu o partido. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Un Pazo entregado empurrou ó equipo ata que logrou o ansiado 2-2. Fíxoo de novo Rodríguez ó aproveitar o rexeite dunha directa que el mesmo lanzou. Sen embargo, o exliceísta Marc Grau marcou o 2-3 definitivo a seis minutos do final para conseguir os tres puntos. Unha dura conclusión que non restou mérito ó gran traballo local.

Sen apenas tempo para descansar, Juan Copa e os seus xogadores prepararán desde mañá o vindeiro partido en Alcoi (sábado 26, 20:15h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, Fabri Ciocale, Arnau Canal e Mati Bridge (meta suplente).

BARÇA: Sergi Fernández; João Rodrigues, Ignacio Alabart, Hélder Nunes, Pau Bargalló (quinteto inicial), Joan Pascual, Sergi Panadero, Marc Grau, Sergi Llorca e Carles Grau (meta suplente).

ÁRBITROS: Fernández García e González González. Mostraron cartón azul a Hélder Nunes, Sergi Panadero e Pau Bargalló (Barça).

GOLES: 0-1 (Pau Bargalló, min. 7). 0-2 (Sergi Llorca, min. 15). 1-2 (Àlex Rodríguez, min. 38). 2-2 (Àlex Rodríguez, min. 41). 2-3 (Marc Grau, min. 44).

OK Liga 22/23, Xornada 7. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario