A traxectoria desta irregular OK Bronce, con ata tres turnos de descanso por xornada, promete un gran partido que se celebrará o sábado no Agra I da Coruña. O filial masculino do Deportivo Liceo saltará á pista para recibir ó Escola Lubiáns (17:00h) e así disputar a data 5 do Grupo Norte.
O conxunto dirixido por Sergio Huelves terá como obxectivo convertir os seus actuais catro puntos en sete. Sexto na clasificación, aínda que cun compromiso menos cós tres primeiros, vén de caer no complicado feudo do CP Areces Pavitek (6-3). Lubiáns, pola súa parte, é sétimo con prácticamente os mesmos rexistros cós liceístas. Só a diferenza de goles coloca a unha escadra por enriba da outra.
Descanso ata o 26 de novembro
Unha vez completado o duelo, o Deportivo Liceo deberá afrontar o seu segundo parón da tempada. Non regresará á competición ata o 26 de novembro, día no que visitará ó Ordes (actual líder con nove puntos de doce posibles).