Estrella Galicia seguirá ó carón do Deportivo Liceo durante dous anos máis. A archicoñecida marca galega continúa así a súa aposta polo deporte e de proximidade, apoiando ó club de xeito máis que importante. Cabreiroá será, ademáis, a auga oficial da entidade.
Desde o Deportivo Liceo enviamos o noso profundo agradecemento a Estrella Galicia por confiar na institución, que seguirá loitando día a día para lograr tódolos éxitos deportivos posibles.