Aínda coa OK Liga empezada e o curso 22/23 a pleno camiño, o Deportivo Liceo está en disposición de anunciar a unha nova e importante incorporación para o seu primeiro plantel. Trátase de Pol Manrubia (Bigues i Riells, 2000), chegado do Benfica en condición de cedido por un curso.
A pesar da súa xuventude, este prometedor xogador de 22 anos conta cunha dilatada experiencia no hockey de primeiro nivel. Formouse na súa localidade natal e nas categorías inferiores do Barcelona para finalmente asinar polo histórico Vic, co que debutou na OK Liga.
Trasladouse ó CP Voltregà e posteriormente ó Noia, onde logrou ser un home chave. Anotou 40 goles en dúas tempadas. O seu gran rendemento propiciou un contrato co Benfica, potencia do deporte portugués.
Manrubia pode presumir de logros coas categorías inferiores do combinado español, onde amosou a súa calidade. Juan Copa contará cos servizos do catalán nos vindeiros días, unha vez aterrice na Coruña.