Arnau Canal é a cuarta incorporación do Deportivo Liceo 22/23. Súmase así a Bruno Di Benedetto, Martí Serra e Sito Ricart para perfilar todavía máis un grupo novamente comandado polo técnico Juan Copa.
O xogador nado en Sant Hipòlit (2000) asina por dúas tempadas despois de destacar co CP Voltregà, club da súa localidade. Debutou co cadro branquiazul durante o curso 18/19 e tardou pouco en aumentar o seu protagonismo, traducido en goles. Sumou 14, 24 e 34 tantos nos cursos posteriores para trocar finalmente nun dos grandes anotadores da OK Liga, ademáis de nunha das grandes promesas da competición.
A fichaxe de Arnau dalle todavía máis forma ó novo proxecto do Deportivo Liceo, obrigado a reinventarse de novo tralas sete baixas producidas unha vez concluida a tempada.