Imaxe: MÓNICA ARCAY.
A segunda parte da semifinal achégase. Deportivo Liceo e Noia atoparanse de novo para loitar por un posto na final da OK Liga, aínda que esta vez noutro escenario. Se os primeiros dous partidos da eliminatoria tiveron lugar no Pazo dos Deportes de Riazor, a acción trasladarase agora ó Olímpic de l’Ateneu de Sant Sadurní (venres 3, 21:00h).
Na pista catalá disputarase, como mínimo, o terceiro partido da ronda. Conta con vantaxe na mesma o equipo dirixido por Juan Copa, que actualmente suma un contundente 2-0 despois de saír vitorioso dos encontros da Coruña (6-5 e 5-2).
En caso de triunfo local, o cuarto partido da semifinal celebraríase o domingo ás 12:00h
No caso de triunfar no choque do venres, o Liceo xa sería finalista polo título. Se vencera o Noia, o cuarto partido disputaríase o domingo 5 ás 12:00h no propio Olímpic. Se nel triunfara outra vez o conxunto de Pere Varias, o quinto e último partido regresaría a Riazor con horario por confirmar.
Inclusión de Nanu Castro
A expedición que viaxará a Sant Sadurní incluirá ó xogador arxentino Nanu Castro, máis que habitual nas listas de Juan Copa. Formará parte da convocatoria para o terceiro partido, xa que Marc Grau deberá cumplir sanción. O dorsal 9 si sería seleccionable no caso dun carto encontro.
Así as cousas, o grupo estará formado polos seguintes homes: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Maxi Oruste, Dava Torres, Àlex Rodríguez, Jordi Burgaya, Roberto Di Benedetto, Jordi Adroher e os mencionados Marc e Nanu.
Ante o Olímpic de l’Ateneu
O Deportivo Liceo visitará o que é, sen dúbida, un dos escenarios máis complicados de toda a OK Liga. A casa do Noia foi clave para o gran rendemento dos homes de Pere Varias, terceiros na fase regular só detrás dos verdibrancos e do Barça.
Cataláns e galegos xa se enfrontaron nese escenario durante a primeira parte da competición. O partido rematou cun trepidante 5-5.