CRÓNICA OK LIGA | Un paso máis preto (5-2)

CRÓNICA OK LIGA | Un paso máis preto (5-2)

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O obxectivo está máis próximo. O Deportivo Liceo de Juan Copa tomou vantaxe na semifinal polo título de OK Liga despois de vencer ó Noia, facendo así pleno nestes dous partidos da Coruña. Unha vitoria máis colocaría ós verdibrancos nas finais, aínda que a eliminatoria se trasladará a terras catalás para disputar o terceiro encontro (venres 3, horario por confirmar) e un hipotético cuarto.

O inicio homenaxeou á totalidade do primeiro choque. Unha acción trepidante con ocasións desde o primeiro minuto e tres goles ó chegar ó sexto. O inaugural logrouno Dava Torres tras finalizar un pase de Àlex Rodríguez, aínda que o exliceísta Jordi Bargalló prolongou a súa exhibición individual do venres e empatou nunha xogada similar.

O marcador xa marcaba un 2-1 ós seis minutos de xogo

Non lle pareceu ben ó capitán do Liceo, que colocou o 2-1 segundos despois cun disparo axustado que incluso golpeou o ferro. A partir dese momento, o Noia agardou atrás e o partido cambiou. Os seus catro xogadores ocuparon máis a área propia e buscaron contraataques que o Liceo sempre neutralizou.

Os achegamentos importantes tiveron cor verdibranca e iso derivou no 3-1, obra de Roberto Di Benedetto cinco minutos antes do descanso. Conseguiu un man a man contra Blai Roca e superouno cunha definición de gran elegancia.

Superioridade xeral

A diferencia do choque inicial, e coa excepción dos primeiros dez minutos igualados deste, o Deportivo Liceo impúxose ó seu rival en case tódolos aspectos. Non significou evitar certas partes de sufrimento. Roc Pujadas encargouse ó facer o 3-2 no segundo minuto da reanudación.

O Deportivo Liceo controlou o partido e foi superior ó Noia en liñas xerais

A pesar diso, Juan Copa e os seus muchachos continuaron co partido controlado e puideron aumentar a vantaxe en varias ocasións. Tal foi así que marchou da pista con tan só seis faltas cometidas. Parte de mérito tamén residiu nun Carles Grau novamente decisivo ó deter un man a man de Alex Joseph (minuto 41).

Cinco despois, a décima falta do Noia levou a Adroher á directa e ó 4-2. Un golpe letal para o conxunto de Pere Varias, que encaixou un máis por culpa de Maxi Oruste (asistencia de Marc Grau). Triunfo e mente posta no duelo do Olímpic de l’Ateneu.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; Dava Torres, Marc Grau, Àlex Rodríguez, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), César Carballeira, Maxi Oruste, Jordi Burgaya, Jordi Adroher e Martín Garaboa (meta suplente).

NOIA: Blai Roca; Aleix Esteller, Toni Salvadó, Jordi Bargalló, Roc Pujadas (quinteto inicial), Xavi Costa, Eloi Mitjans, Alex Joseph, Adrià Ballart e Xus Fernández (meta suplente).

ÁRBITROS: Díaz Cosme e Mier Sánchez. Sen cartóns.

GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 3). 1-1 (Jordi Bargalló, min. 5). 2-1 (Dava Torres, min. 6). 3-1 (Roberto Di Benedetto, min. 20). 3-2 (Roc Pujadas, min. 27). 4-2 (Jordi Adroher, min. 44). 5-2 (Maxi Oruste, min. 47).

OK Liga 21/22, Playoff polo título, Partido 2 de Semifinais. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario