CRÓNICA OK LIGA | Remontada para golpear primeiro (6-5)

CRÓNICA OK LIGA | Remontada para golpear primeiro (6-5)

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O primeiro bocado de semifinais non defraudou. Deportivo Liceo e Noia ofreceron un partido de gran nivel e emoción con triunfo para o conxunto de Juan Copa, capaz de superar tódolos obstáculos que se atopou durante os 50 minutos. Axénciase así o primeiro tanto da ronda por meterse na final polo título. O segundo estará en xogo este domingo 29 ás 12:00h no mesmo Pazo dos Deportes.

Non faltou o espectáculo. Xa desde o terceiro minuto co Liceo como protagonista dun penalti. Dava Torres non acertou a anotar nin o lanzamento nin o seu rexeite, aínda que a ofensiva non se detivo. Desafortunadamente, segundos despois de quedar a milímetros do 1-0, encaixou o 0-1. Fíxoo Roc Pujadas nese contraataque.

Roberto Di Benedetto regresou ás pistas tras perderse os cuartos de final. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Resiliencia ante os golpes

O mesmo tempo tardou César Carballeira en igualar e establecer un xogo equilibrado tan só roto polas individualidades. Ese foi o momento no que o exliceísta Jordi Bargalló comezou a súa exhibición particular. Minuto 11, disparo potente e a escadra esquerda de Carles Grau perforada. Unha obra de arte excelentemente respondida por Adroher (2-2).

O exliceísta Jordi Bargalló anotou tres goles de enorme factura

Marc vio una tarjeta azul y el propio Bargalló, con otra definición de auténtico genio, marcó el 2-3. El Deportivo Liceo volvió a rozar el empate con su segundo penalti fallado de la primera mitad, pero fue nuevamente golpeado por el 9 del Noia y otra ejecución elegante. Para fortuna liceísta, Dava Torres dejó el resultado del descanso en 3-4 después de un gran disparo de reverso.

Reacción de nivel

Non menos emocionante foi o segundo acto. O Liceo regresou con todo a pola remontada e conseguiuna despois dun minuto máxico de hockey. Entre o 30 e o 31, Marc Grau e Dava déronlle a volta a todo ó finalizar dúas grandes xogadas colectivas.

Marc Grau e Dava Torres remontaron o partido nun minuto

Para poñer o contrapunto, a falta de dous minutos e tras un xogo máis hacia o lado coruñés, Àlex Rodríguez decidiu driblar a todo o Noia e superar a Blai Roca cunha definición acorde ó previo. O Pazo berrou. O conxunto catalán devolveu os nervos cun gol do veterán Xavi Costa ó xogar con cinco de pista, pero a vitoria non se moveu de Galicia.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Jordi Adroher, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez e Martín Garaboa (meta suplente).

NOIA: Blai Roca; Aleix Esteller, Toni Salvadó, Jordi Bargalló, Roc Pujadas (quinteto inicial), Xavi Costa, Eloi Mitjans, Alex Joseph, Adrià Ballart e Xus Fernández (meta suplente).

ÁRBITROS: Sánchez García e Iglesias Vallina. Mostraron cartón azul ós locais Marc Grau (en dúas ocasións) e Jordi Adroher. Polos visitantes viuna Xavi Costa.

GOLES: 0-1 (Roc Pujadas, min. 6). 1-1 (César Carballeira, min. 6). 1-2 (Jordi Bargalló, min. 11). 2-2 (Jordi Adroher, min. 13). 2-3 (Jordi Bargalló, min. 17). 2-4 (Jordi Bargalló, min. 21). 3-4 (Dava Torres, min. 24). 4-4 (Marc Grau, min. 30). 5-4 (Dava Torres, min. 31). 6-4 (Àlex Rodríguez, min. 48). 6-5 (Xavi Costa, min. 49).

OK Liga 21/22, Playoff polo título, Partido 1 de Semifinais. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario