Lance do partido disputado entre ambos no pasado mes de abril. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
Un paso máis preto do obxectivo, aínda que non o suficiente. O Deportivo Liceo de Juan Copa, tras superar ó Alcoi nos cuartos, afrontará agora as semifinais polo título da OK Liga. Serán contra o Noia ó mellor de cinco partidos e os dous primeiros celebraranse no Pazo dos Deportes de Riazor.
Serán o venres 27 (20:30h) e o domingo 29 (12:00h). Unha vez disputados, a acción pasará ó Olímpic de l’Ateneu para xogar o terceiro.
No caso de que a eliminatoria non quedara resolta, o cuarto partido tamén sería en Cataluña. Se fora necesario un último choque para dilucidar ó finalista, a mellor posición do Deportivo Liceo convertiría a Riazor en sede.
Oportunidade para os socios e abonados do Deportivo
Para tomar vantaxe na semifinal, o Pazo debe ser unha caldeira. Por esa razón, tanto os socios do Real Club Deportivo como os abonados liceístas acollidos á súa promoción de carnets poderán sacar dúas invitacións por persoa para animar ó Liceo.
As invitacións poderanse retirar nas taquillas de Riazor desde unha hora e media antes do encontro
Os pases deberanse sacar desde unha hora e media antes dos dous encontros e só estarán obrigados a presentalos os seus usuarios. Os poseedores de carnet tan só deberán ensinalo para entrar.
Regreso de Roberto Di Benedetto
O técnico coruñés poderá contar para o primeiro partido con Roberto Di Benedetto, totalmente recuperado da súa fractura nos ósos propios do nariz. Ningún outro xogador padece actualmente molestia física algunha, así que a lista non terá baixas.
Así pois, intentarán vencer ó Noia os seguintes homes: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Dava Torres, Maxi Oruste, Marc Grau, Àlex Rodríguez, Jordi Burgaya, Jordi Adroher e o mencionado Di Benedetto.
Ante unha das potencias da presente OK Liga
O rival desta eliminatoria será o Noia, un dos equipos máis fortes deste curso. Iso di a súa terceira posición. Resgardados por grandes xogadores como Eloi Mitjans ou o exliceísta Jordi Bargalló, os cataláns entraron na ronda tras vencer por penaltis ó Calafell no último partido de cuartos.
Os dous enfrontamentos entre ambos durante a fase regular deixaron un disputado empate no Olímpic de l’Ateneu (5-5) e un triunfo liceísta no Agra (3-0), escenario excepcional do Deportivo Liceo.